‘Yo solo quiero irme a Francia’ | Contraproducións

‘Yo solo quiero irme a Francia’ en Vilagarcía

sáb15nov21:00‘Yo solo quiero irme a Francia’ en VilagarcíaUnha produción de Contraproducións21:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Vilagarcía recibirá a visita da recoñecida actriz de teatro e televisión María Galiana, que pasará polo Auditorio Municipal o sábado 15 de novembro coa obra ‘Yo solo quiero irme a Francia’.

A obra conta a historia familiar de Leo e Inés, que se coñecen inesperadamente durante o velorio de Pilar, a súa avoa. O que empeza como un malentendido vai revelando segredos ocultos, identidades entrelazadas e unha historia que leva aos espectadores ata a xuventude da propia falecida na España de posguerra.

Entre mobles cubertos, un reloxo de cuco que interrompe cada momento incómodo, e os restos do que quedou por dicir, ‘Yo solo quiero irme a Francia’ é unha comedia amarga sobre a identidade, o abandono e a herdanza emocional que atravesa xeracións.

Unha obra onde o real e o máxico conviven con naturalidade, onde o humor serve de defensa ante a dor e onde ás veces irse a Francia non é unha fuxida, senón un acto de liberdade”, explican dende a propia compañía.

Este é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa.

O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cinema e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito ás Belas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Anna Mayo e a galega Alicia Armenteros.

Esta función inicia a xira desta nova aventura dunha das produtoras galegas máis sólidas, Contraproducións.

Ten unha duración de 80 minutos e está dirixida a pública adulto.

As entradas á venda en Ataquilla.com teñen un prezo de entre 20 e 23 euros, dependendo da zona. No caso de non esgotarse, poranse á venta o propio día do espectáculo na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!