Catas comentadas da LXVI Festa do Viño do Condado do Tea | Concello de Salvaterra de Miño

Éxito nos primeiros días de catas comentadas da 66 edición da Festa do Viño do Condado do Tea

28 Agosto 2025

O pasado luns 25 de agosto daba comezo a LXVI Festa do Viño do Condado do Tea coas xa recoñecidas recoñecidas e aclamadas catas comentadas.

Un espazo onde as adegas expoñen os seus viños pero tamén onde buscan que o público coñeza mellor as características da zona, os procesos de elaboración, a súa súa historia e moito máis.

As catas comentadas que continúan toda a semana ata o vindeiro venres 29 de agosto chegan este ano a datos récord. Por unha parte o número de adegas presentes aumenta e por outro despois de analizar as dúas primeiras xornadas o balance de asistentes é moi positivo, con cheo en cada unha das sesións.

A LXVI edición desta festa Declarada de Interese Turístico de Galicia completase co Túnel do Viño que se celebra o venres 29 e sábado 30 en horario de mañá (11:00 a 14:00 h) e tarde (18:00 a 21:00 h) onde o público poderá degustar no interior do Museo da Ciencia do Viño tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros.

As inscricións tanto para as catas como para o túnel seguen abertas e quedan poucas prazas. Os interesados en participar deberán facelo a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo [email protected]

LXVI FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA

Achégase unha nova edición da Festa do Viño do Condado do Tea que se celebrará os días 29, 30 e 31 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

A LXVI edición desta festa Declarada de Interese Turístico de Galicia continuará apostando por esa ampliación de espazo que foi a principal novidade o pasado ano debido a gran afluencia de público das últimas edicións. O recinto ampliábase a toda a Muralla contando con espazo de mesas tamén na Praza do Castelo cun segundo escenario, o que resultou un éxito no 2024 co cheo total en todo o recinto.

Como en cada edición a música é parte fundamental e nesta ocasión os concertos das noites gastronómicas serán os de Galifunk Brass, De Ninghures, G-Face, La MMarca, Os D´Abaixo, O Caimán do Río Tea, Lenha Verde, Son das Tabernas e La Trío Machine. Ademais, o domingo será o turno dos grupos folclóricos e bandas de gaitas locais, que amenizarán a mañá para todos.

A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, manifesta tamén un incremento de adegas, cun total de 29, máis de 100 referencias de viños, un récord para o evento, e máis postos de comidas que dan servizo as mesas ubicadas en ambos espazos. Todo para acoller comodamente ós visitantes e veciños e veciñas que cada ano acuden a festa, xa consolidada como unha das citas importantes e imprescindibles do verán.

Nesta edición o pregoeiro será o actor, presentador e productor Rubén Riós que dará lectura ó pregón o domingo 31 ás 13:00h no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño. Previamente terá lugar o XXXII Gran Capítulo da Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos onde se nomeará como novos cofrades.

A inauguración da festa terá lugar o venres 29 ás 20:00h no recinto da muralla pero as actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños de maneira gratuita, e que serán dende o 25 ata o 29 de agosto na Casa do Viño.

Este ano ademais volve o Túnel do Viño o venres 29 e sábado 30 en horario de mañá e tarde onde o público poderá degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros.

As inscricións tanto para as catas como o túnel deberán realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo [email protected].

Está pasando!