Luz Casal presentará en Vigo o seu novo disco, titulado ‘Me voy a permitir’, o traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira

8 Xaneiro 2026

Luz Casal presenta de xira o seu novo álbum, ‘Me voy a permitir’, o traballo máis ecléctico e inclasificable da súa carreira. Déixase levar revelando dez facetas, tantas como cancións: dez actitudes, dez perspectivas, dez xeitos de entender o mundo.

Móvese coa liberdade de quen xa non ten nada que demostrar. Pon as cartas sobre a mesa como gran dama da chanson francesa e voz contemporánea da canción latinoamericana. Como cronista do cotián e roqueira que nunca colgou os pantalóns de coiro.

Como xa advertiu Pablo Guerrero: “Luz pode acariciar como a seda ou rasgar como os cairos dun animal ferido. Capaz de cantar desde o despeito ou a esperanza, pícara ou luminosa, libérrima sempre”.

Este novo espectáculo é unha ponte entre o pasado e o futuro, confirmando a súa dobre natureza de compositora intuitiva e talentosa e de intérprete excepcional, capaz non só de cantar senón de habitar as cancións, xa sexan súas ou alleas.

Sen preocuparse pola pirotecnia e o artificio, permítese non seguir outros sinais que os do seu propio instinto, unha liberdade que lle valeu a admiración do público, o respecto da crítica e a complicidade dos seus compañeiros, un triplo recoñecemento que se produce en raras ocasións.

Será o xoves 26 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Afundación de Vigo.

Entradas anticipadas á venda dende 55 euros en Ataquilla.com

Está pasando!