Novas actividades esta semana na programación de verán 2020 na Guarda

20 Agosto 2020

  • Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, música, visitas teatralizadas e probas deportivas compoñen a programación para esta semana.

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.

Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es

Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

PROGRAMACIÓN

Venres 21:

Este venres arranca na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño. Actividades en horario de 20:00h a 22:00h (ESP).

Este venres ás 21:00h segunda cita de “Música nos Xardíns” co grupo Ded Routines, nun concerto apadriñado polo Galifornia Beat. Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal…Ás 20:00h e coma previa a este concerto realizarase nas pistas deportivas do Centro Cultural unha exhibición de skate promovida polo Galifornia Beat. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Tamén este venres terá lugar unha nova Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Sábado 22

Este sábado continúa na Praza de Avelino Vicente(As de Copas) o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño. Actividades en horario de mañá de 11:00 h a 14:00 h e pola tarde de 18:30 h a 21:30 h (ESP).

O sábado 22 de agosto a partires das 11:00h o Porto da Guarda acolle o V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que contará cunha participación aproximada de 10 equipos.

O Castelo de Santa Cruz acolle ás 20:00h o Concerto da Orquesta Clásica de Vigo, sección de corda. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Domingo 23

Nova cita con “Domingos de natureza e auga”, ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Tamén na xornada deste domingo terá lugar no Castelo de Santa Cruz da Guarda a realización de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver ás 10:30h. Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es

Está pasando!