Volve o Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota, o programa pola diversidade sexual e de xénero de Pontevedra

15 Setembro 2025

  • A cita lúdico-culinaria será o domingo 21 de setembro, ás 13.30 horas e para participar no certame hai que inscribirse en [email protected] antes do sábado 20, ás 17.00 horas.
  • Haberá dúas categorías: mellor tortilla tradicional e mellor tortilla queer, premiadas cun xantar ou cea para dúas persoas nos restaurantes Trasmallo e Icewolf

O Campiño de Santa María acollerá, o vindeiro domingo 21 de setembro o IV Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota, o programa municipal pola diversidade sexual e de xénero que promove a Concellería de Igualdade, dirixida por Anabel Gulías.

A cita é as 13.30 horas e marcará o inicio dos vermús Pinto e Maragota da recta final do ano, unha actividade de lecer, literaria e musical xa consolidada na cidade.

As persoas interesadas en participar no concurso terán que inscribirse antes das 17.00 horas do sábado 20 de outubro, a través do enderezo electrónico [email protected]

O concurso ten dúas categorías: a mellor tortilla de patacas tradicional, feita necesariamente con patacas, ovos, aceite, sal e cebola (opcional) e a mellor tortilla queer, de ingredientes libres. A recepción das tortillas será o domingo 21, ás 12.30 horas nos soportais do Campiño.

O xurado cualificador estará integrado por representantes da hostalaría local, de Pinto e Maragota e de AVANTE LGBT+ Pontevedra.

A mellor tortilla tradicional terá como premio un xantar ou cea para dúas persoas no restaurante Trasmallo. En tanto que o xantar ou cea premio da mellor tortilla queer será no Icewolf.

Está pasando!