O ciclo ‘Humor na súa tinta’ volve a Redondela con Ignatius Farray, Iván Esturillo, El Rey Lirón, Salva Reina e Coria Castillo

15 Setembro 2025

O ciclo de monólogos e de comedia ‘Humor na súa tinta’ chega a súa oitava edición con cinco actuacións diferentes que van de setembro a febreiro de 2026:

  • Sábado 27 de setembro, 18 e 20h: Ignatius Farray
  • Domingo 2 de novembro, 19h: Iván Esturillo
  • Domingo 21 de decembro, 19h: ‘El Rey Lirón. Unha parodia musical’
  • Sábado 24 de xaneiro, 20h: Salva Reina
  • Sábado 28 de febreiro, 20h: Coria Castillo

Organizado por Pares o Nones Producciones e o Concello de Redondela, as actuacións terán lugar no Multiusos da Xunqueira.

Entradas anticipadas á venda en woutick.es e na conserxería do Multiusos.

VIII HUMOR NA SÚA TINTA

A oitava edición do ciclo ‘Humor na súa tinta’ comeza o sábado 27 de setembro coa actuación de Ignatius Farray.

Ignatius móstranos unha performance non apta para todos os públicos. Cada día será completamente diferente, exceder os límites da nosa mente…

Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que empezou na Stand-Up hai 20 anos, e desde ese momento, segue de xira por todo o país.

Moitos xa o coñecemos porque tiña un programa na Cadena Ser con David Broncano e Héctor de Miguel que se chamaba ‘La vida moderna’, porque escribiu tres libros para ‘Temas de hoy’ (Planeta), porque protagonizou a serie sobre a súa vida ‘El fin da comedia’ (nomeada a un premio Emmy) ou porque se meteu nalgunha lea tuiteando e xa sabemos de que pé coxea.

A quen non o coñecedes: ou che gusta ou non che gusta. Por iso o mellor é que o veñas a comprobar. É gañador do premio Ondas.

Espectáculo de 80 minutos de duración, non recomendado a menores de 16 anos.

Está pasando!