Museo da Ciencia do Viño | Concello de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra celebra o Día Mundial do Enoturismo cunha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño

6 Novembro 2025

O domingo 9 de novembro celebramos o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño ubicado no recinto amurallado.

De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario.

Está pasando!