Silvia Cernadas presenta O Rebulir na Carballeira do Peirao de Arcade | Concello de Soutomaior

O Rebulir chega un ano máis a Soutomaior con propostas de éxito e innovadoras

25 Xuño 2025

O domingo 6 de xullo a Carballeira do Peirao de Arcade acollerá a 2ª edición do Rebulir, o Festival de Danza Contemporánea no que poderemos desfrutar da arte de compañías tan importantes como Colectivo DeXeito, Colectivo Glovo ou Tanit Cobas


A danza contemporánea xorde como unha reacción ás formas clásicas e probablemente como unha necesidade de expresarse máis libremente co corpo. É unha clase de danza na que se busca expresar unha idea, un sentimento, unha emoción, pero mesturando movementos corporais propios do século XX e XXI.

Este festival de danza contemporánea, O Rebulir, naceu no 2024, como unha nova proposta de dinamización cultural e social achegando esta disciplinas a Soutomaior para crear novos públicos e novas inquedanzas artísticas.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentou este Festival e deixou claro que “O Rebulir volverá a converter a Soutomaior no epicentro da danza contemporánea nacional coa presenza dalgunhas das nosas mellores compañías, o obxectivo continúa sendo o mesmo, aunar danza e natureza nun entorno espectacular como é o Peirao de Arcade dentro da Enseada de San Simón, queremos renovar o noso compromiso con esta disciplina artística para que a danza contemporánea sexa unha cita ineludible da completa programación cultural do Concello de Soutomaior que suscite a curiosidade de novo público”.

Dende o Concello de Soutomaior teñen como obxectivo propiciar novas inquezandas usando o espazo público como un lugar onde se expresen con liberdade e respecto a través da arte.

A proposta inclúe tres pezas de danza de compañías moi relevantes no panorama da danza e tamén un obradoiro de danza dirixido a todos os públicos onde todas e todos experimentemos e aprendamos a danzar da man de grandes bailarinas e bailaríns.

Así e deste xeito o domingo 6 de xullo en horario de 17:00 a 19:00 horas terá lugar o obradoiro ‘A danzare’ realizado polo Colectivo Glovo. Unha cita destinada a público xeral de maís de 10 anos de idade, será de balde e non se precisa inscrición previa.

A continuación, en horario de 19:15 a 19:30 horas terá lugar a representación de ‘77.000’ do Colectivo DeXeito. Unha peza que fai referencia ao número de toneladas vertidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002 e que levou o Premio á mellor peza no Festival DZM de Cáceres 2024.

De 19:45 a 20:00 horas será a quenda para a posta en escena de ‘Alleo’ do Colectivo Glovo baséase na idea da atalaia para referirse ao poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e o que estaba por vir así como a soidade desa posición e o peso do descubrimento do alleo.

De 20:15 a 20:30 horas terá lugar a representación ‘The Exposure’ de Tanit Cobas seleccionada en GEP 2024 e que levará a reflexionar sobre as persoas cando danzan, quenes son? que se din? E xa para rematar a xornada de 20:30 a 21:00 horas será a quenda do coloquio ‘O falar da danza’ protagonizado polas compañías participantes.

É importante destacar que tanto o obradoiro como os espectáculos serán de balde e se desenvolverán en na Carballeira do Peirao de Arcade e no entorno da praia como novidade. Sinalar tamén que para o obradoiro non se precisa inscrición previa, simplemente se pode participar unha vez chegado ao punto de desenvolvemento do mesmo.

Dende o Concello de Soutomaior convidan a todo o mundo a participar e a formar deste 2º Festival de danza contemporánea, O Rebulir.

Está pasando!