O Teatro Afundación de Vigo acollerá a presentación oficial do novo disco de Eladio y los Seres Queridos

12 Setembro 2025

Eladio y los Seres Queridos celebran 20 anos dunha carreira que inclúe 6 álbums e xiras por todo o país en diversos festivais e salas, manténdose sempre fieis ao seu estilo único, que lles permite ser, hoxe en día, unha das bandas máis estables do panorama musical nacional.

Neste concerto, presentarán ‘B.S.O. 2005-2025’, o álbum co que celebran o seu 20 aniversario, unha antoloxía que reúne cancións que formaron parte das súas set lists habituais ao longo das xiras que realizaron nos últimos 20 anos.

Entradas anticipadas á venda dende 7,60 euros en Ataquilla.com

Está pasando!