Festa Corsaria de Marín | © Grupo de Especialistas Hípica Celta

Os Corsarios regresan á vila de Marín esta fin de semana

6 Agosto 2025

A Festa Corsaria 2025 celebrarase en Marín os días 15 e 16 de agosto e contará con exhibicións, batucada, mercadiño, mostras de oficios, esgrima, tiro con arco, obradoiros, invasión corsaria nocturna e moitas cousas máis.

Un galeón do século XVIII que se poderá visitar con entrada de balde e que estará fondeado no Paseo Alcalde Blanco, será a principal novidade desta edición.

A vila mariñeira engalánase e convértese no antigo municipio corsario que foi, lembrando a famosa batalla que se deu nas costas de Aguete no século XVIII, cando os navíos ingleses trataron de invadir Marín. Juan Gago de Mendoza, un dos máis afamados capitáns galegos, loitou contra eles e impediu que conquistasen as terras marinenses.

A figura de Juan Gago de Mendoza, ademais, tamén foi clave na Guerra da Independencia Española, configurando as coñecidas como Alarmas do Morrazo contra as tropas francesas, liberando Marín en abril de 1809.

A programación arrancará o venres 15 coa apertura do Mercado Corsario na Alameda e das atraccións infantís nas plazas do centro urbano.

O programa completo da Festa Corsaria de Marín 2025 é o seguinte:

VENRES, 15 DE AGOSTO

  • 19:00-00:00h. Apertura do Mercado Corsario. Alameda
  • 19:00-23:00h. Atraccións Infantís: Barco, Carrusel, Nora, Baqueta, Tren. Alameda, Praza 8 de Marzo, Parque Eguren
  • 20:00h. Espazo Corsario con obradoiros infantís. Parque Eguren
  • 20:00h. Animación de Litore Lux. Rúas de Marín
  • 21:00h. Pasarrúas musical con Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín
  • 22.00h. Desfile e arribada da bandeira inglesa. Rúas de Marín e Alameda.
  • 22:30h. Concerto de Son das Tabernas. Alameda

SÁBADO, 16 DE AGOSTO

  • 11:00h. Pregoeiros e fanfarrias do século XVIII. Rúas de Marín
  • 11:30-00:00h. Mercado Corsario. Alameda
  • 11:30h. Apertura das bases mariñas:
    • Barco Corsario Gago de Mendoza, en Jaime Janer (fronte Abanca)
    • Barco Inglés, en Ezequiel Massoni (xunto ao Parque Eguren)
  • 11:30-21:00h. Granxa Escola. Augusto Miranda
  • 11:30-20:00h. Visitas ao Galeón España. Paseo Alcalde Blanco
  • 11:30-21:00h. Oficios Vila Mariñeira: Praza Peirao Vello (Museo), Rúa do Sol, Praza 8 de Marzo, Praza da Veiguiña, Méndez Núñez (Concello)
  • 12:00-23:00h. Atraccións infantís: Barco, Carrusel, Nora, Baqueta, Tren. Alameda, Praza 8 de Marzo, Parque Eguren
  • 12.00-20.00h. Espazo Corsario con obradoiros infantís. Parque Eguren
  • 12.00-20.00h. Talleres de esgrima. Parque Eguren
  • 12.00-20.00h. Talleres de tiro con arco. Avenida de Ourense
  • 12:30-15.00h. Animación de rúa, con Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé, Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Batucada ADR, Batucada Rebumbio, Animación Litore Lux, Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín
  • 13:00h. Exhibición de aves. Parque Eguren
  • 13:30h. Desfile de barcos e invasión inglesa. Rúas de Marín
  • 16:00-19:30h. Xogos tradicionais. Augusto Miranda
  • 16.00h. Actuación infantil: A Historia Tetarina. Parque Eguren
  • 16:30h Fakir Testa. Fondo do Saco
  • 17:00h. Baile da Ilustración. Alameda
  • 18:00h. Espectáculo infantil: A Historia dun corsario. Parque Eguren
  • 18:15h. Baile da Ilustración. Alameda
  • 18:30h. Fakir Testa. Fondo do Saco
  • 18:45h. Desfile de esgrima. Rúas de Marín
  • 19:00-22:30h. Animación de rúa, con Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé, Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Batucada ADR, Animación Litore Lux, Kaltee e Gaeloc. Rúas de Marín
  • 19.00h. Exhibición de esgrima. Praza de España
  • 19:15h. Concerto de Leirabuxo. Alameda
  • 19.30h. Exhibición de aves. Parque Eguren
  • 20:15h. Entrega de premios. Praza de España
  • 20:30h. Teatro: O asalto á Alcudia. Praza de España.
  • 21:30h. Desfile de barcos e invasión corsaria. Rúas de Marín
  • 22.00 h. Concerto de Belle Pop. Espazo corsario Amigos dos Rapaces. Rúa Lameira
  • 23:00h. Espectáculo Mil e unha noites. Praza de España
  • 23:30h. Tirada de fogos de artificio. Praza de España
  • 00:00-03:00h. Animación musical cos DJs: MRJ, Carlos Barral y Pablo Grande. Rúa do Sol

Se queres participar do maior desembarco corsario de todas as Rías Baixas, a Festa Corsaria de Marín é o teu plan para esta fin de semana!

Está pasando!