Pontevedra acolle a 35ª edición da Feira do Mel, A Meleira; un impulso estratéxico ao sector apícola galego e á biodiversidade

11 Agosto 2025

Esta mañá deu comezo a 35ª edición da Feira do Mel, máis coñecida como A Meleira, un evento xa ‘irrenunciable’ e ‘emblemático’ do verán pontevedrés.

Instalada na rúa Serra, fronte á Praza de Abastos de Pontevedra, a feira abrirá ao público ata o xoves 14 de agosto, co obxectivo de encher de vida o casco histórico e poñer en valor un dos mellores tesouros de Galicia, tal é como o mel autóctono galego.

A Agrupación Apícola de Galicia, fixo fincapé nos momentos “bastante difíciles” polos que atravesa a apicultura debido á climatoloxía desfavorable e á presenza da velutina. Moitas colmeas están practicamente sen poboación e que as colleitas, como a de eucalipto, están moi afectadas.

A pesar das adversidades, a agrupación insiste en manter a actividade apícola, que ademais de mel, é crucial para a polinización e o mantemento da ecoloxía e biodiversidade de Galicia, aspectos que «non se poden importar».

A feira tamén se dedicará a educar aos consumidores sobre as características do mel, especialmente sobre a cristalización, que é “sinal de pureza”. Tamén se presentará un novo tipo de mel clariño de silva, que cristaliza rapidamente.

Ademais do mel, as abellas producen outros produtos “moi beneficiosos para a saúde”, como cera, própole, pole e xelea real. A IXP Mel de Galicia garante que o mel é 100% galego e posúe unha calidade diferenciada, controlando parámetros máis restritivos que a normativa nacional.

Galicia conta con arredor de 4.200 apicultores, dos cales a metade son de autoconsumo, o que reflicte a arraigada tradición do mel na comunidade.

Organización e Concello de Pontevedra convidan a todos os pontevedreses e visitantes a achegarse á Feira do Mel, non só para gozar do seu programa paralelo festivo, senón tamén coa intención de mercar e apoiar directamente aos apicultores galegos, cuxo labor é esencial para a saúde do noso ecosistema e a nosa economía.

Está pasando!