Capela da Virxe Peregrina

27 Xullo 2020

A orixe do Santuario da Virxe Peregrina remóntase aos inicios dunha congregación nacida en 1753 e adicada ao culto da Virxe do Camiño que acabou por convertirse na Congregación da Nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina.

1757. Constrúese un altar para a Virxe Peregrina na Capela da Virxe do Camiño. Pronto xorden problemas (recollida de esmolas, toques de campá…) derivados de ter dúas imaxes con diferente tutela.

1776. A xustiza e rexemento da vila ordena sacar a imaxe e o retablo do templo. Constrúese unha capela de madeira nun soar extramuros, xunto á Porta de Trabancas.

1778. Ábrese unha canteira nun monte pertencente a un membro da Congregación, en San Amaro de Moldes. En xuño ponse a primeira pedra do santuario.

1792. Remata a construción do santuario. Colócanse as campás, a porta e as vidrieiras, máis tarde constrúese o adro. Dous anos despois será consagrado.

1795. Unha treboada causa graves danos ao templo. Derrúbase parte da torre norte.

1873. Reconstrúese a torre 80 anos despois. Colócanse dous pararraios.

1880. Enmarcado na remodelación urbana que sofre a cidade dende mediados do século XIX, o adro substitúese por unha escalinata.

1896. Colócase na torre norte o reloxo e as campás do Hospital de San Xoan de Deus, que acaba de ser demolido.

1953. Modificación do adro da igrexa segundo proxecto de Francisco Pons Sorolla: substitución da escalinata frontal polo peche coa varanda, a fonte e a representación de Teucro.

1981. César Portela e Xosé Bar Boo acometen a primeira restauración do santuario para reparar importantes danos estruturais producidos por un desprazamento dos cimentos (que foi o que producíu as fendas no edificio).

2008. Obra de restauración e mellora integral do santuario promovida polo Concello de Pontevedra e o Xacobeo.

2011. A Xunta de Galicia aproba, a pedimento do Concello de Pontevedra, a declaración do Santuario da Peregrina como Ben de Interese Cultural na categoría de monumento. A declaración como BIC supón tamén a protección da contorna do santuario para garantir a axeitada visualización do monumento.


Está pasando!