Sanxenxo programa este verán máis de 47 actividades para todos os públicos

1 Xullo 2025

A Concellería de Cultura e Eventos de Sanxenxo, dirixida por Elena Torres, xa ten listo o programa de actividades para este verán. Máis de 47 actividades diferentes encherán os días de xullo, agosto e principios de setembro de propostas diferentes, pensadas para todos os públicos. “Buscamos propostas para tódolos públicos coas que desfrute toda a familia. Unha oferta variada que atraia a veciños e visitantes”, asegura Torres.

A música será protagonista, a maxia repite con forza, e non faltarán os contacontos, as exposicións ou o circo nin tampouco as tradicionais citas organizadas polos colectivos locais coa colaboración do Concello como a o ‘Mundial de Colchonetas’ (20 xullo), ‘Muiñada de Soalleira’ (25 de xullo), o ‘Certame de Pintura Rápida de Arra’ (3 de agosto), a ‘Festa Ye-Ye’ (12 xullo), a ‘Festa Labrega’ en Bordóns (23 de agosto), a ‘Festa da Ostra’ en Noalla (8,9 e 10 de agosto) ou a ‘Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas Sanxenxo’ (12, 13 e 14 de setembro).

A actividade dará comezo o próximo 2 e 3 de xullo coa exposición ‘Ollares na Rúa’ na Praza de Pascual Veiga. Unha mostra que se desprazará ao parque do Espiñeiro, o 5 e 6 de xullo.

Durante o mes de xullo e agosto, o Pazo Emilia Pardo Bazán contará coa exposición de obras premiadas no ‘Certame de Pintura Rápida de Arra’, en horario de 9 a 14:30 horas.

O 4 de xullo, a Casa Mariñeira acollerá o ‘XIII Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Artiloxios’ a cargo de Oswaldo Pai, ás 21:30 horas.

O venres 11 de xullo, chegará ao parque do Espiñeiro, ‘Circo Cambucho’ a cargo de Henriko, ás 21 horas.

O sábado 12, a Carballeira de Noalla acollerá o ‘II Ciclo Internacional de Maxia de Sanxenxo’ co Mago Román García, ás 21 horas.

O 13 de xullo, Vilalonga celebra a ‘Festa da bicicleta-Festa do Neno’.

O 17 de xullo, a Praza de Fonte de Ramos acolle o concerto da ‘Joven Orquesta Sinfónica de Jaén’ ás 21 horas.

O venres 18 de xullo, o Parque do Espiñeiro será o escenario de ‘Mil Maxias Máis’, a cargo do Mago Antón. Pola mañá ás 12 e 13 horas e pola tarde ás 19, 20 e 21 horas.

O 19 de xullo, a Praza de Manuel Cortés acolle o ciclo de maxia con Iván Santacruz, a partir das 21 horas.

O XV Campionato Mundial de Colchonetas celebrarase o domingo 20, ás 12 horas, nas Praias Panadeira e Barcos.

O xoves, 24 de xullo, á Praza do Mar chegará ‘Síntese Horizonte’ co concerto de Guadi Galego, a partir das 22 horas, de fomento da cultura popular galega.

A VII Muiñada Soalleira de Dorrón terá lugar o venres 25 de xullo, a partir das 11 horas no Entorno do Muíño da Costa.

Do 26 de xullo ao 3 de agosto, a chaira de Montalvo contará coa Feira de Produtos Galegos.

O sábado 26 de xullo, a maxia desprázase á Praza Pública de Vilalonga co Mago Noel, ás 21 horas.

O 30 de xullo, o porto deportivo Juan Carlos I acolle ‘Portugal no Camiño’, unha feira de produtos artesáns, música tradicional e gala de música galega e portuguesa.

Un verán máis, Afundación trae a Sanxenxo a súa exposición na rúa. Nesta ocasión, ‘Comedy Wildlife’, do 6 ao 31 de agosto no espigón do porto. Do 16 ao 20 de agosto, María de la Fe Díaz Calvo expón ‘Bicos de Mami’ na Sala Nauta.

Agosto arrinca co concerto de Allo Negro no Campo de San Roque, a partir das 22 horas, e a exposición do 1 ao 10, ‘Alterarte’ na Sala Nauta.

O sábado 2, a maxia chega á Casa de Cultura de Dorrón co Mago Nano Arranz, a partir das 21 horas.

O X Certame de Pintura Rápida ‘Arra como antiga parroquia’ celebrarase o domingo 3 de agosto.

Os días 8, 9 e 10 de agosto, nas inmediacións do Campo de Fútbol de Noalla, terá lugar unha nova edición da Festa da Ostra.

O venres 8, a Praza Fonte de Ramos contará co ‘Sanxenxo Maxia Fest’.

O sábado 9 continuará a maxia no Campo de Festas de Nantes coa Maga Dania Díaz, a partir das 21 horas. No estacionamento da praia de Areas, celebrarase a Festa do Verán de Dorrón, con música e degustación a partir das 20 horas.

O xoves, 14, a Praza dos Barcos acolle o espectáculo de circo a cargo de Cía Trotamundos co espectáculo ‘Finito Infinito’.

A Festa Labrega de Bordóns terá lugar o sábado 23 de agosto, durante todo o día.

O domingo 24, ‘Herdanzas da nosa Terra’, un concerto da Banda de Música de Sanxenxo e Os Cruceiros de Vilalonga chega á Praza do Pazo ás 21 horas.

O xoves 28 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza de Fonte de Ramos acolle o concerto ‘Querida Montserrat, querido Luciano’. Ópera concert con Montserrat Martí Caballé, Simona Todaro-Pavarotti, Luis Santana, Dolores Crespo e Víctor Carbajo.

O 29 de agosto, celebrarase o Festival de Verán, concerto das corais polifónicas, ás 19:00 horas na Casa Mariñeira de Don Fernando e o domingo 31, as 12:00 horas na Praza de Portugal, terá lugar a XXV Milla Vila de Sanxenxo.

En setembro, o 5, chega á capela da Lanzada, ‘Fóra de si’ de Luz Arcas e Nuria Sotelo ás 21 horas. Unha proposta incluída na Bienal de Pontevedra.

O día 6, dentro do programa ‘Sanxenxo no Foco’, o Auditorio Emilia Pardo Bazán, acolle a ‘I love rock and roll’ a cargo de Rock en Familia. Venda de Entradas en Ataquilla.com

Do 12 ao 14 de setembro, chega a Baltar a XXXVII Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas Sanxenxo.

O deseño do programa de man realizado pola directora do Centro de Arte, María Vázquez, conta este ano cunha novidade. A portada e contraportada está formada por elementos que convidan a gozar do verán como a antuca, o colchón, as lentes de sol ou as chanclas, entre outros, en formato adhesivo para que se poidan extraer do programa.

Está pasando!