Presentación da Festa dos Libros de Pontevedra | Concello de Pontevedra

Trece librarías e un centenar de autores participarán na Festa dos Libros de Pontevedra, do 4 ao 6 de xullo

26 Xuño 2025

  • Está organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga.
  • Presentacións, faladoiros, contacontos, sinaturas de exemplares, recitais, talleres, actuacións musicais… compoñen o programa de actividades, pensadas para todos os públicos.

Pontevedra prepárase para celebrar a próxima fin de semana –venres 4, sábado 5 e domingo 6 de xullo– a oitava edición da Festa dos Libros, que encherá a carpa situada na praza da Ferraría de literatura, escritores e escritoras, encontros coas letras e como en toda festa, música.

Organizada polo Concello de Pontevedra, a festa contará coa colaboración de trece librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga.

A carpa permanecerá aberta ao público en horario de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.30 h (agás o domingo, que pechará ás 22.00 h).

Presentación da Festa dos Libros de Pontevedra | Concello de Pontevedra

Un centenar de autores e actividades

Ademais dos postos de venda das librarías, o evento reunirá un centenar de autores e autoras que participarán en máis de cen actividades pensadas para fomentar a lectura e o amor polos libros. Entre os nomes máis destacados figuran Silvia Intxaurrondo, Arantza Portabales, Yolanda Castaño, Pedro Feijoo, Cristina Pato, Ulises Bértolo, Francisco Castro, Eva Mejuto ou Manuel Lourenzo, entre outros.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez Xunqueira, acompañado por representantes das librarías, presentou esta mañá o programa, que inclúe propostas para todos os públicos e se abrirá os tres días con actividades pensadas para os máis pequenos e pequenas da casa.

A programación para o venres

Unha das citas destacadas do venres será ás 12.30 h, coa mesa de Dinamización Lectora, na que participarán a bookstagramer galega Mónica Cores (@libroscontos), Luz Pérez, integrante do podcast ‘Entreliñas’, Samuel L. París, creador do videopodcast literario ‘A Catapulta’, e Pilar Fernández Ruíz, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra e voceira dos seus clubs de lectura. Este encontro amosará diversas maneiras de fomentar a lectura a través das redes, os medios dixitais e os clubs de lectura

Pola tarde, ás 18.15 h, o grupo Chévere, xunto coa editorial Kalandraka, presentará ‘As fillas bravas de Momán’, libro que recolle os cantos e os saberes de tres mulleres afoutas e irredutibles que viven a súa utopía feminista na aldea de Momán.

Ás 20.15 h será a quenda de ‘Solas en el silencio’, o debut literario da xornalista e presentadora Silvia Intxaurrondo, cunha novela sobre o amor incondicional e a loita por sobrevivir a un destino xa escrito.

Está pasando!