Volve ciclo de cinema documental Docs del Mes con ‘Dani Karavan’

13 Xuño 2021

O ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, acolle o luns 21 de xuño ás 19:00 h. no Teatro Principal de Pontevedra, a proxección de ‘Dani Karavan’, un documental de Barak Heymann centrado na figura do artista israelí Dani Karavan, creador de máis dun cento de instalacións ambientais por todo o mundo, e no conflito político e artístico no que se ve envolto.

Unha viaxe fascinante pola vida dun artista irreverente e carismático, recoñecido en todo o mundo por transformar o espazo público con instalacións monumentais. “A miña arte é político. Oíches falar do Guernica?”, así se presenta Dani Karavan ante a cámara. E transcorridos uns minutos desta conversación inicial, Karavan regálanos unha primeira mostra do seu mal xenio.

A piques de cumprir 90 anos, e famoso en todo o mundo por transformar o espazo público con instalacións monumentais, o artista israelí enfádase ao ver o deixamento das institucións por manter o seu legado artístico en bo estado.

Karavan é un gruñón carismático, pero os seus queixumes non son só entrañables senón lexítimos. Se dedicamos recursos para coidar os parques e os xardíns da nosa contorna, como podemos deixar que o paso do tempo deteriore esculturas, monumentos creados para harmonizar as relacións humanas no espazo público?

Unha viaxe emotiva e sen filtros pola longa traxectoria dun artista universal que ve como o seu corpo vaise debilitando mentres loita por seguir creando coa paixón do primeiro día.

Un retrato cargado de sentido do humor, sobre un creador cunha sensibilidade única para dotar de vida propia os espazos urbanos e naturais onde traballa. O monumento de homenaxe ao filósofo Walter Benjamin en Portbou fala por si só e permite captar a sinxeleza da arte de Karavan en toda a súa magnitude.

Entrada de balde, non é necesaria reserva.

Está pasando!