Rogelio Santos Queiruga | © CSIC

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Bouzas, celebrará o próximo 8 de xuño o Día Mundial do Océano coa primeira edición da Feira do Océano

7 Xuño 2022

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Bouzas, celebrará o próximo 8 de xuño o Día Mundial do Océano coa primeira edición da Feira do Océano, unha feira de divulgación científica onde o IIM-CSIC sae a rúa para atoparse coa veciñanza de Bouzas e os arredores.

No evento, o publico poderá achegarse as carpas onde o persoal do IIM amosará o seu traballo con exposicións, obradoiros, actividades, e unha serie de sorpresas que farán que calquera persoa, de calquera idade, poda achegarse un pouco máis a como vemos, dende a ciencia, todo o que rodea ao océano.

Ademais, contaremos cun invitado de honra, xa que Rogelio Santos Queiruga (@QueirugaRogelio), mariñeiro, pescador e divulgador en redes nos acompañará toda a xornada para darnos a súa perspectiva sobre o consumo responsable e a sostibilidade dende a carpa do proxecto SeaFood Age (Interreg Atlantic Area).

Un completo programa de mañá e tarde na Pérgola da rúa Eduardo Cabello, Bouzas (Vigo)

A feira comezará pola mañá, de 10 a 13:30 horas, cando contaremos coa participación de centros escolares invitados. Polo serán, de 16 a 19:30 horas estará aberto ao público en xeral.

Obradoiros

· Elixe unha alimentación intelixente con SeafoodAge e Rogelio Santos Queiruga [Co proxecto SeaFoodAge (Interreg Atlantic Area) e o pescador e divulgador, Rogelio Santos Queiruga!] · Leituga de mar: unha alga cosmopolita ao rescate da acuicultura. [Co proxecto ULVAQUO (MINCIU).] · Cantos superpoderes do mexillón coñeces? [Co proxecto STRAUSS (MICIN e AEI)] · Manifesto océano! [Coa participación do proxecto “Manifesto Océano” e o grupo de Procesos Oceánicos en Cambio Global.]

Exposicións

· E que rico sabe o mar!

Máis información na web do IIM


Está pasando!