Raquel Pelta participará o sábado 12 de novembro no programa ‘Transitar o impensable’

Continúa a programación de ‘Transitar o impensable’ con Raquel Pelta, toda unha referente na investigación sobre a historia do pensamento do diseño en España

10 Novembro 2022

Continúa en Pontevedra a programación de ‘Transitar o impensable’, unha serie de charlas, obradoiros e intervencións participativas destinadas a sensibilizar sobre a perspectiva de xénero no espazo público, achegando á cidadanía as ferramentas de creación colectiva, expresión da propia voz e deseño social para aprender a pensar e traballar en colectividade na creación dos espazos nos que desenvolver a vida cotiá e poñer en valor o traballo das mulleres.

A iniciativa, organizada por GEN –grupo de traballo de READ, Red Española de Asociaciones de Deseño– en colaboración co Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, intégrase no do marco da celebración do 10ENAD, Encuentro Nacional de Asociaciones de Diseño, que tivo lugar o pasado 21 e 22 de outubro na cidade, e que estende a súa programación ata o 25N con actividades arredor do espazo efémero situado na Gran Vía de Montero Ríos.

O vindeiro sábado, 12 de novembro, terá lugar a charla-coloquio ‘Repensar a cidade. Miradas feministas’ que supón a oportunidade de compartir espazo con Raquel Pelta, toda unha referente na investigación sobre a historia do pensamento do diseño en España.

Na súa intervención tratará como a perspectiva de xénero puxo en cuestión as dicotomías tradicionais entre o público e o privado e significou unha toma de conciencia da necesidade de revisar e cambiar a planificación das cidades para responder non só ás novas realidades sociais das mulleres senón, tamén, para atender as necesidades de toda a poboación. Neste senso, as propostas feministas achegaron miradas máis inclusivas ao urbanismo, a arquitectura e o deseño.

Posteriormente poderemos charlar con Raquel nun coloquio moderado pola deseñadora alicantina Mari Carmen Estevan. 

A charla terá lugar ás 11:30 horas no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.

Acceso libre ata completar o aforo da sala.


RAQUEL PELTA

Raquel Pelta (Barcelona, 1951) é historiadora do deseño, autora de libros e artigos en revistas especializadas e docente que destaca polas súas achegas ao deseño e o seu traballo tanto de creación como de investigación sobre esta materia.

Formada en Xeografía e Historia e en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, posúe ademais un máster en Sociedade da Información e do Coñecemento e outro en Traballo Social, Estado do Benestar e Metodoloxías de Intervención Social. Doutorouse en Historia do Deseño.

Na actualidade é docente no Grado de Deseño da Facultade de Belas Artes de la Universidade de Barcelona e membro do grupo de investigacións consolidado GRACMON. Tamén formou parte das directivas da ADGFAD (Asociación de Diseñadores Gráficos del FAD) de Barcelona e DIMAD. Ademais é membro do Patronato da Fundación Historia


Está pasando!