Presentación do XXXI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra | Concello de Pontevedra

A Boa Vila volverá encher as primeiras noites de agosto de harmonías e musicalidade internacional

26 Xuño 2025

  • O XXXI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra se desenvolverá entre o 4 o 8 de agosto, cun cartel espectacular, conformado por nomes coma Robben Ford, John Nemeth ou Veronica Swift
  • O talento galego estará representado da man de Litet Steg e Allo Negro, con propostas variadas e certamente únicas, de alto valor musical

A cidade do Lérez volverá vestirse de jazz e blues no que será a XXXI edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, un ciclo transformado en clásico, asociado de xeito inequívoco as noites do serán da Boa Vila. Nesta ocasión, veciñanza e visitantes poderán gozar da música entre o 4 e o 8 de agosto, unha fermosa antesala para as Festas da Peregrina.

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, sinalou que esta cita é unha referencia no país, transcendendo tamén as nosas fronteiras e elevándose como un recoñecido festival dentro do Estado.

Dous son os elementos que o distinguen doutras propostas similares: a súa calidade, sempre de primeiro nivel e sempre con nomes de importancia superlativa; e a súa accesibilidade, que continúa apostando por ser un evento de entrada libre, de balde, para todos e todas.

O festival, con máis de trinta de anos de historia, é tamén coñecido pola súa combinación de talento galego e internacional, alternando noites con melodías chegadas desde Estados Unidos, con outras locais, con ADN Pontevedrés.

Así será o caso de Litet Steg —cuarteto con compoñentes de Ourense, A Coruña ou Pontevedra, entre os que figura o contrabaixista Xacobe Martínez— ou Allo Negro, agrupación nada na cidade de Pontevedra, que realiza unha mestura de blues, jazz e soul propio dos anos 50 e 60, mais cunha cualidade única: con letras en galego. Actuarán o 4 e o 6 de agosto, respectivamente.

No bando internacional, a primeira noite o público contará con John Németh, un afamado harmonicista de Memphis (Nashville, EE.UU.), especializado no blues e no soul, que de seguro encantará aos amantes do xénero o luns, 4 de agosto. Verónica Suíz, subirá ao escenario o 7 de agosto, unha aposta polo talento emerxente e actual, cunha capacidade vocal emocionante, e cunha capacidade abrumadora para recoller influencias e mesturar estilos.

Por último, Robben Ford, tomará coa súa guitarra o 8 de agosto nunha noite que promete ser inesquecíbel para os amantes do instrumento das seis cordas, ao ser Ford un virtuoso vivo do mesmo. Unha lenda que chega a Pontevedra por primeira vez, ofrecendo o Festival de Jazz e Blues unha oportunidade totalmente «única» de poder velo tan próximo e de balde.

Alén do cartaz principal, a programación tamén contempla os tradicionais pasarrúas a cargo da Brass Atlantic Street Band, que desde o primeiro día percorrerán o centro da cidade lembrando ese ambiente tan de Nova Orleáns.

Está pasando!