This is a repeating event

II Festival Cine do Mar en Marín

xov26xuñConsultarII Festival Cine do Mar en MarínAsociación Museo do Mar de Marín(Consultar: xoves) Museo do Mar de Marín - Marín

Detalles do Evento

Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín convoca a segunda edición do Festival Cine do Mar, que se celebrará na semana do 23 ao 29 de xuño de 2025 na vila marinense.

O Museo do Mar de Marín, desde a súa creación, ten como un dos seus obxectivos principais a recuperación da identidade mariñeira da vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, a cultura marítima e mariñeira, especialmente entre as novas xeracións. Por outra banda, a lingua galega forma parte indisoluble da nosa cultura. Lingua e mar son dous elementos fundamentais para entender e divulgar a nosa identidade. Así pois, o Festival Cine do Mar encádrase totalmente dentro dos obxectivos do Museo do Mar de Marín.


Presentación do II Festival Cine do Mar | © Concello de Marín

Festival Cine do Mar promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo.

Festival Cine do Mar é un evento que promove a creación en lingua galega e que contribúe á promoción, á difusión e á defensa da lingua galega, fomentando a normalización do uso do galego nas actividades culturais. Entre os seus obxectivos principais están o de fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade; así como o fomento da creación artística no ámbito audiovisual en lingua galega dirixido na infancia e a mocidade, rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.

A participación neste festival será totalmente libre e gratuíta, podendo participar creadoras e creadores de calquera nacionalidade.

As obras presentadas deberán centrarse en calquera temática relacionada co mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural; e deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022.

Poderán presentarse obras de calquera xénero, ficción ou non ficción, que non excederán os 30 minutos de duración (títulos de crédito incluidos). Poderán presentarse obras de maior duración para participar no festival fóra da Competición Oficial, en seccións non competitivas.

Dentro da Competición Oficial do festival, establécense dúas categorías: Sección OficialSección Ensino.

INSCRICIÓN

A inscrición deberá facerse a través da plataforma Festhome. Tamén poderá facerse enviando ao correo electrónico [email protected] a ficha de inscrición (que será facilitada a través do propio correo) e a copia dixital da obra, directamente ou a través dun enlace para a súa descarga (google drive, wetransfer, ydray, etc.).

O prazo de presentación das obras estenderase desde o 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2025, ambos inclusive, quedando excluídas as presentadas fóra deste prazo.

PREMIOS

Establécense tres premios nas dúas seccións en competencia: dous premios na Sección Oficial e un premio na Sección Ensino.

  • Sardiña de Ouro: Premio do Xurado á mellor obra audiovisual – Sección Oficial. Dotado con 500 euros, trofeo e diploma.
  • Polbo de Ouro: Premio do Público á mellor obra audiovisual – Sección Oficial. Dotado con 300 euros, trofeo e diploma.
  • Rodaballo de Ouro: Premio do Xurado á mellor obra audiovisual – Sección Ensino. Dotado con 500 euros, trofeo e diploma.

Máis información e bases de participación en festivalcinedomar.com

Para calquera dúbida ou información, poñerse en contacto coa organización do festival a través do correo electrónico: [email protected] ou no Museo do Mar de Marín (Rúa Concepción Arenal, 2 – 36900 Marín).


Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Museo do Mar de Marín

Rúa Concepción Arenal, 2 - 36900 Marín

Está pasando!