Presentación do festival Costa Feira 2025 | Concello de Sanxenxo

A terceira edición de Costa Feira terá lugar en Sanxenxo durante os meses de xullo e agosto de 2025

19 Xuño 2025

Esta mañá presentouse a terceira edición de Costa Feira no Real Club Náutico de Sanxenxo, coa participación de Telmo Martín González, alcalde de Sanxenxo; Ignacio Suárez de Toledo, director de Volvoreta Music —promotora do evento—; e Diego Otero Meis, responsable de relacións institucionais.

Durante a rolda de prensa desvelouse o cartel de Costa Feira 2025, que contará con artistas de primeiro nivel como Leiva, Camilo, Manuel Carrasco, Guitarricadelafuente, Los Secretos, Don Patricio e Gordo. Tamén se puxo de relevo a consolidación do ciclo musical, destacando a súa crecente importancia dentro do panorama cultural. En palabras do alcalde, D. Telmo Martín González: “É moi difícil que, en tan só dúas edicións, un festival desta envergadura consolídese. Normalmente necesítanse sete ou oito anos, e Costa Feira xa o conseguiu.”

Pola súa banda, Ignacio Suárez de Toledo quixo salientar o atractivo que a programación supón tanto para o público local como para os numerosos visitantes que cada verán acoden a Sanxenxo: “En cada unha das edicións anteriores visitáronnos máis de cincuenta mil persoas procedentes de distintos puntos de España.”

Diego Otero Meis destacou a importancia do festival como motor económico e social para a localidade, subliñando o seu impacto directo en sectores crave como a hostalería, o turismo e o comercio local. Ademais, valorou o compromiso cos provedores de proximidade: “O 80% dos provedores son empresas da zona, e no caso dos foodtrucks, contarase ao 100% con negocios locais.”

A presentación concluíu cun agradecemento especial aos patrocinadores, colaboradores, a Xunta de Galicia, os equipos técnicos e de produción que traballan cada ano para ofrecer a mellor experiencia aos asistentes, así como aos medios de comunicación polo seu apoio e difusión.

Costa Feira, o festival que se celebra cada verán en Sanxenxo desde 2023 consolídase como un referente da música, cultura e gastronomía en todo o país e especialmente en Galicia e as Rías Baixas.

Despois de que polo seu escenario principal haxan pasado artistas como: Romeo Santos, Morat, Lola Indigo, Melendi, Hombres G, Pablo López, Taburete, Andrés Calamaro ou Black Eyed Peas, na súa terceira edición xa anunciou a presenza de grandes nomes da escena nacional e internacional, como son: Sebastián Yatra, Leiva, Camilo, Manuel Carrasco, Café Quijano, Guitarricadelafuente, Los Secretos, Don Patricio y Gordo.

Estes dous últimos conquistarán o escenario Bula, o escenario máis enfocado ao lecer nocturno e que conta cun aforo de ata 5.000 persoas, que se suma ao aforo de 12.000 que posúe en escenario principal (que é modulable). Ademais, tamén atopamos dentro do recinto unha zona gastronómica con espazo para 6 foodtrucks e un escenario para artistas emerxentes.

O impacto positivo de Costa Feira desde a súa chegada a Sanxenxo foi remarcable. Xerou máis de 100 postos de traballo creados durante os 3 meses nos que se activa o festival e contribuíu no aumento da economía local en negocios de hostalería e turismo.

En 2025, Costa Feira busca fortalecer o seu compromiso coa cultura e a música, ademais de avanzar cara a ser un dos primeiros festivais españois 100% ecolóxicos e autosuficientes mediante un recinto en constante mellora.

As entradas para os primeiros concertos confirmados de Costa Feira xa están á venda en costafeira.com

Costa Feira conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Está pasando!