A web O Telescopio da Cultura, novo referente de consulta da actividade do Pazo da Cultura, Teatro Principal e recinto feiral de Pontevedra

4 Outubro 2021

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá o Telescopio Cultural, referente a partires de agora para estar ao tanto da actividade cultural que teña lugar no Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral.

Con formato páxina web, https://cultura.pontevedra.gal unificará a información que antes aparecía na extinta web do Pazo da Cultura, o apartado de Axenda Cultural da web do Concello e páxina principal deste. Conta tamén cun formato revista semestral (esta primeira saíu con algo de retraso – se disculpou Carme – por mor nos cambios permanentes nos aforos e restricións sanitarias e tamén polas obras do Principal. “As obras do Principal serán finalmente compatibles coa programación de novembro e decembro, polo que a programación prevista para este espazo, que aínda non sairá á venda, tal como os espectáculos de teatro que presentamos hoxe, poderán celebrarse aquí con normalidade. As Matinés permanecerán no Auditorio do Pazo porque xa se puxeran á venda e non é posible mudalas”.

Antes de debullar a programación do último semestre, especialmente a teatral que sairá á venda o mércores en Ataquilla.com, Fouces avanzou que “non está no programa porque non dou tempo pero o día 11 ás 20h. terá lugar no Principal a presentación do libro de Anxo Lugilde “A vella compañeira” con Dra. Psquiatra Iria Veiga – coñecida en redes como Raíña Vermella e autora do podcast Balea Vermella – e unha xornalista para guiar o debate”

Unha escolma do mellor teatro en galego chegará ao Principal en outubro e novembro dentro do ciclo Ponteatro – serán 4 espectáculos que manterá os prezos habitual de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e xubilados) e recupera o formato abono a un custo de 28€, á venda a partir deste mércores 6 de outubro. Completan o ciclo a proposta “A vueltas con Lorca” de Carmelo Gómez e a gran produción do Centro Dramático Galego, “O charco de Ulises”, ambas xa no Pazo da Cultura e que sacarán as entradas á venda próximamente.


A lúa vai encuberta – Incendiaria & A Quinta do Cuadrante

Obra gañadora II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

No 1977 celébranse as primeiras eleccións xerais e o grupo teatral da AC. Auriense continúa cos ensaios de A lúa vai encuberta de Manuel María pero, no medio do proceso, o colectivo desfaise. Corenta e catro anos despois, dúas novas compañías retoman o traballo no punto no que o deixaron…


Xoves 28 de outubro | 21.00 h Teatro Principal de Pontevedra

‘A estrela do día’ – Producións Teatrais Excéntricas

Unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Rocío González, Vítor Mosqueira e Patricia Vázquez.

‘A estrela do día’ é unha experiencia para o público recuperar a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel.


Xoves 4 de novembro | 21.00 h Teatro Principal de Pontevedra

‘Conexión Pingüín’ con Luis Iglesia e Marcos Orsi

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS,…


Xoves 25 de novembro | 21.00 h Teatro Principal de Pontevedra

‘Comando Comadres’ de Matrioshka Teatro

Un grupo de activistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia —en clave de comedia— as múltiples manifestacións da violencia patriarcal.


Sábado 13 de novembro | 21.00 h Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

‘A vueltas con Lorca’ con Carmelo Gómez

Unha viaxe que conta a vida de Lorca: as súas paixóns, os seus medos a través da súa obra, influencias e obsesións.


Sábado 20 de novembro | 21.00 h Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

‘O charco de Ulises’ – Centro Dramático Galego

Versión libre da Odisea traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia.


Da restante programación, algunha dela xa presentada como o concerto de Silvia Pérez Cruz que hoxe sacou novas entradas á venda por mor da ampliación real do aforo ao 75%, as Matinés con Balthazar e Maika Makovski (ambas no Pazo e con próxima ampliación de entradas), Guerrilla que ampliarán tamén o seu aforo para os espectáculos de 7,8 e 9 de outubro no Principal, Fouces salientou o concerto de Madeleine Perroux que terá as súas entradas á venda entre esta tarde e mañá, o de Carlos Núñez en decembro (próximamente) a volta de Debut ao Recinto Feiral e completará a experiencia cunha exposición en decembro e xaneiro “Queridas cousas: historias vestidas” con deseñadoras e deseñadores máis prometedores do panorama galego actual, a celebración dos Premios Galegos da Música Martín Códax e o Culturgal.

Está pasando!