Chega a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra ‘Ambienta’ para visibilizar a diversidade sexual, de xénero e familiar

28 Xuño 2021

A Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra ‘Ambienta’ recolle o testemuño do FLOP Cinema que cada verán desde 2018 se ven celebrando coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBTIQA+ cada 28 de xuño.

‘Ambienta’ nace para seguir poñendo o acento no cinema como arte e como vehículo. Como reflexo de distintas épocas e sensibilidades que nos axuda a poñer as gafas violetas, as gafas de clase ou como neste caso, as gafas do arco da vella para seguir construíndo unha sociedade onde a diversidade sexa un dos valores fundamentais. Mais tamén como lugar de encontro, cultura e socialización arredor do cinema para gozar do espazo público da cidade.

Trátase dun dos programas incluídos na programación de verán ‘O son da rúa’ e que se desenvolverá desde o venres 2 ata o mércores 7 de xullo, con proxeccións na praza da Pedreira de títulos destacados no eido nacional e internacional.

A programación contempla catro bloques, Ambienta_actual, Ambienta_clásico, Ambienta_doc, e Ambienta_en curta, e na escolla dos títulos colaboraron o Cineclube Pontevedra, Asociación Avante LGBT+, Novos Cinemas, e FIC Bueu.

Ademais das proxeccións, o programa inclúe unha serie de actos complementarios como coloquios con directoras ou participantes nos filmes, ou escritoras como Valeria Vegas, autora do libro de memorias de La Veneno que serviu de base á serie adiovisual sobre a súa figura.

O acto de presentación contará coa presenza de Carme Adán e Cristina de la Torre, directoras do filme ‘Dereito a existir: falan elas’ producido polo Consello da Cultura Galega; e acto de clausura contará coa intervención do vídeo creador Jairo Moreno, que dirixe a peza realizada en exclusiva para Ambienta ‘Máis alá do arco da Vella’.



DO 2 AO 7 DE XULLO // PRAZA DA PEDREIRA


 VENRES 2, DE XULLO 

22:00 h. ACTO DE PRESENTACIÓN

Acto de presentación de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGTBIQA+ de Pontevedra coa presenza de Carme Dasilva, Carme Adán e Cristina de la Torre (Directoras da curtametraxe inaugural: FALAN ELAS, producida polo Consello da Cultura Galega)

22:30 h. AMBIENTa_actual

Proxección de DEUX (Entre nós) // Filippo Meneghetti, Francia, 2019, 95′, V.O.S.E.


 SÁBADO 3, DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_actual

Proxección de DRAMARAMA // Jonathan Wysocki, USA 2020, 91’, V.O.S.E.

*En colaboración con Novos Cinemas.

* A proxección deste filme incluirá a gravación dun vídeo desde Los Ángeles co saúdo do director á Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, AMBIENTA.


 DOMINGO, 4 DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_clásico

Proxección de HAPPY TOGETHER (Felices xuntos) // Wong Kar-Wai, Hong Kong 1997, 98’, V.O.S.E.

*En colaboración con Cineclube Pontevedra.


 LUNS, 5 DE XULLO 

20.00 h. AMBIENTa_doc

Encontro con Valeria Vegas, autora do libro de memorias de LA VENENO que serviu de base á serie audiovisual producida por ATRESMEDIA e de VESTIDAS DE AZUL, análise social e cinematográfico da muller transexual nos anos da transición, a partir do documental do mesmo título dirixido por Antonio Giménez Rico.

*Este encontro inclúe a sinatura por parte da autora de exemplares dos seus libros.

22:00 h. AMBIENTa_doc

Presentación do documental VESTIDA DE AZUL coa presenza de Nacha la Poderosa, protagonista do filme.

22:30 h. AMBIENTa_doc

Proxección de VESTIDA DE AZUL // Antonio Giménez Rico, España 1983, 96’


 MARTES, 6 DE XULLO 

22:30 h. AMBIENTa_actual

EN BUSCA DE SUMMERLAND // Jessica Swale, Reino Unido 2020, 99’, V.O.S.E.

*En colaboración con Avante LGBT+


 MÉRCORES, 7 DE XULLO

22:00 h. ACTO DE CLAUSURA

Acto de clausura de AMBIENTA, Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, coa intervención do vídeo creador Jairo Moreno, director de MÁIS ALÁ DO ARCO DA VELLA, peza audiovisual realizada en exclusiva para Ambienta.

22:30 h. AMBIENTa_en curta

HOW TO DIE YOUNG IN MANILA (Como morrer xoven en Manila) // Petersen Vargas, Corea do Sur 2020, 12’, V.O.S.E.s

MIN VÄRLD I DIN (O meu mundo no teu) // Jenifer Malmqvist, Suecia 2019, 28’, V.O.S.E.

HVA ER EN KVINNE (Que é unha muller) // Marin Håskjold, Noruega 2020, 14’, V.O.S.E.

PROGRESSIVE TOUCH (Contacto progresivo) // Michael Portnoy, Austria – Holanda 2020, 12’, V.O.S.E.

PLAYBACK. ENSAYO DE UNA DESPEDIDA // Agustina Comedi, Arxentina 2019, 14’ V.O.

*En colaboración con FIC Bueu

Está pasando!