Visitas caracterizadas a cargo de Aguias

Chegan as novas visitas teatralizadas e caracterizadas ao Castelo de Soutomaior

26 Maio 2021

As visitas teatralizadas, para público familiar, e as caracterizadas, para adulto, volverán este verán ao Castelo de Soutomaior.

Visitas teatralizadas para toda a familia a partir do 5 de xuño, con Pedro Madruga, Paio Gomes e as labregas Irma & Diña.

Visitas caracterizadas para público adulto, un percorrido polo parque botánico e xardín de camelia con María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria.


Visitas caracterizadas a cargo de Aguias

María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria farán un percorrido polo parque botánico que rodea a fortaleza, contarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido nos xardíns do castelo de Soutomaior.

As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias e os viñedos formarán parte deste escenario testemuña de parte da historia de Galicia.

Argumento: o interese paisaxístico de Soutomaior e a súa evolución a través do tempo contado por tres personaxes relacionadas coa historia propia do castelo. María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria farán un percorrido polo parque botánico que rodea a fortaleza, contarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido neses xardíns. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias e os viñedos formarán parte deste escenario testemuña de parte da historia de Galicia.

Personaxes: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria

Duración: 60 minutos

Prezo: 8 €

Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com

Público ao que vai dirixido: adulto

Datas e horarios:

  • Maio: 30, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Xuño: 6, 13, 20 e 27, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Xullo: 7, 14, 21 e 28, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h
  • Agosto: 4, 11, 18 e 25, dous pases, ás 11:00 e ás 13:00 h

Visitas teatralizadas a cargo de Troula

A través dunha das personaxes máis significativas da historia do castelo de Soutomaior, Pedro Madruga, coñeceremos os contos e peripecias que fixeron del unha das figuras máis relevantes do século XV en Galicia, sempre desde un punto de vista familiar e moi participativo.

Título: Irma e Diña

Argumento: a través dunha das personaxes máis significativas da historia do castelo de Soutomaior, Pedro Madruga, coñeceremos os contos e peripecias que fixeron del unha das figuras máis relevantes do século XV en Galicia, sempre desde un punto de vista familiar e moi participativo.

Ademais contaremos coa participación de Paio Gomes, leal acompañante, que co seu laúde musicalizará as andanzas de Pedro con coplas versadas que lle achegarán as súas aventuras ao público dunha forma divertida.

Paio Gomes, a través de viaxes temporais, musicalizará tamén as historias doutras figuras fundamentais no castelo noutras épocas coma María Vinyals.

Como contrapunto a esta historia aparecerán dúas personaxes, as labregas Irma e Diña, que contarán a historia do pobo, os costumes e as formas de vida das galegas de a pé no século XV, e participarán nunha delirante aventura xunto a Pedro e Paio na busca da verdade e o descubrimento da historia.

Deste xeito, ambas as partes darán a coñecer a historia do castelo desde dous puntos de vista diferenciados, sempre dunha forma dinámica, educativa, participativa e familiar, para amosar a importancia das mulleres labregas na época medieval como grandes esquecidas da historia.

Personaxes:

Irma e Diña, as labregas
Pedro Madruga
Paio Gomes
Duración: 60 minutos

Prezo: 8 € (Nenas e nenos de 3 anos ou menos, entrada de balde).

Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com

Público ao que vai dirixido: familiar

Datas e horarios:

  • Xuño: 5, 12, 19 e 26, dous pases, ás 16:30 e ás 18:00 h
  • Xullo: 5, 12, 19 e 26, catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h
  • Agosto: 2, 9, 23 e 30, catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h
  • 6 de setembro: catro pases, ás 11:00, 13:00, 17:00 e 18:30 h
Está pasando!