Inauguración da exposición ‘Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade’ | Concello de Marín

Concha Mayordomo achega ao Museo Manuel Torres de Marín a súas ‘Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade’

28 Marzo 2025

O Museo Municipal Manuel Torres acolle a exposición ‘Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade’, de Concha Mayordomo.

Comisariada por Yolanda Herranz Pascual a exposición propón unha selección de retratos de mulleres artistas feministas galegas, nacionais e internacionais, relacionadas con críticas e teóricas feministas españolas.

As creadoras son as grandes esquecidas na Historia da arte; apenas foron recoñecidas algunhas delas, a pesar de que as súas creacións estiveron presentes desde a Prehistoria. As artistas mulleres foron invisibilizadas e sistematicamente borradas da Historia. De aí a importancia que adquire a investigación e o traballo das teóricas, comisarias e críticas feministas.


Inauguración da exposición ‘Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade’ | Concello de Marín

A creación e a teoría artística implican análise, reflexión e posicionamento ético. Desde esta formulación, a exposición articúlase a través de una serie retratos realizados a lapis e a tinta, en forma de “apuntamento rápido”.

Os debuxos levan incluído un código QR que conecta con cada unha das breves biografías que a artista Concha Moyordomo inclúe no seu blog `Mujeres en el arte´. Un proxecto no que leva traballando desde o ano 2011 e que, na actualidade, contén máis de 1.100 entradas.

Esta exposición, proponse, ademais, como reivindicación da visibilidade das mulleres no mundo da arte.

Aberta ao público do 26 de marzo ao 30 de abril de 2025. Horario: luns, de 11:00 a 14:00 horas; martes a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 h; sábados, de 11:00 a 14:00 h. Domingos, pechado.



Concha Mayordomo

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e Graduada en Artes Aplicadas.

Artista de claro compromiso pola igualdade, a violencia de xénero e a visibilidade da muller artista, participou en numerosas exposicións tanto nacionais, como internaciones e a súa obra atópase en coleccións públicas e privadas.

É comisaria independente, presidenta fundacional da asociación de mulleres artistas Blanco, Negro y Magenta e codirixe Blanco, Negro y Magenta – A Revista.

Colabora co Blog ‘Mujeres’ de El País, Huffington Post, La Hora Digital y Tribuna Feminista.

Desde o 2011 mantén o blog ‘Mujeres en el arte’, que a día de consta de 1016 pequenas biografías que difunde periodicamente a preto de 2500 subscritores e en redes sociais.

Yolanda Herranz Pascual

Artista e Catedrática de Escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Directora do Grupo de Investigación Interdepartamental e Transdisciplinar ES2 da Universidade de Vigo. A traxectoria artística de Herranz comeza en 1979, e desde entón expuxo con regularidade.

A súa creación, de marcado carácter conceptual, desenvólvese en proxectos artísticos que foron expostos en máis de duascentas exposicións en vinte e sete países.

A súa obra atópase representada en Museos e Institucións de prestixio de diferentes países.

Desde 1991 escribiu setenta e sete textos, que foron publicados en libros, catálogos, diarios e revistas.

Está pasando!