‘Encuentros’, exposición colectiva de David Santiago Martínez, Alba Parado Fuentes e Pablo Santiago Martínez

10 Marzo 2022

O Ateneo Santa Cecilia acolle a exposición colectiva de David Santiago Martínez, Alba Parado Fuentes e Pablo Santiago Martínez baixo o título ‘Encuentros’, que poderase visitar dende o 14 de marzo ao 26 de marzo na  sede da rúa do Forno, 42, baixo, no seu horario habitual.

Esta mostra de pintura presenta os diferentes traballos de tres artistas marinenses nun ‘Encuentro’ artístico que non deixará indiferente a ninguén. O público poderá desfrutar de disciplinas artísticas como a acuarela, o grafito, o óleo, a fotografía ou o collage.

A inauguración terá lugar o luns 14 de marzo ás 20:00 horas.

David Santiago Martínez, comezou a súa andadura polo mundo artístico moi cedo como alumno do Ateneo Santa Cecilia. A súa destreza e curiosidade artística fixeron que desenrolase as súas aptitudes pictóricas ao longo dos anos, aínda que a súa formación académica non fora a de Belas Artes senón de corte técnico, xa que cursou Arquitectura Técnica na UDC.

Desde que teño uso de razón lémbrome cun lapis en man. A miña obra é de carácter autodidacta, aínda que pasei por diversas academias de pintura colleitando aprendizaxes e experiencias de cada un dos meus profesores. Traballo principalmente o grafito e a acuarela sendo o retrato o foco da miña obra.

Alba Prado Fuentes, estuda 3º de Belas Artes na Universidade de Salamanca, na especialidade de pintura. Actualmente está seleccionada para expoñer na XXV edición San Marco da Facultade de Belas Artes de Salamanca en colaboración co Centro de Arte DA2, a Deputación Provincial de Salamanca.

As obras que presento en ‘Encontros’ viran ao redor da idea principal dos ‘Ecosistemas’, concepto co que levo traballando xa desde hai un tempo. Podería dicirse que case todo o meu traballo baséase na experimentación tanto formal como matérica polo que o proceso é moi importante para min, coñecer o cuado desde momentos moi temperáns, case a forma de ritual, como a preparación das teas semitranslúcidas ou o traballo cos ferros de cera de abella. Con referencias da natureza dunha paisaxe xa interiorizado foron xurdindo formas e patróns que se mesturaron con figuras antropomórficas (moitas veces sacadas de cadros clásicos) dando lugar a unha “masa”, unha reviravolta de pinceladas que se autogestionaban como un ecosistema… 

Outro punto importante dentro da miña pintura é o carácter inmersivo, de recollemento, próximo, cálido, coma se tratásese dun ventre ou un niño. Desta maneira e vivindo dunha forma moi persoal e íntima eses ‘ecosistemas’ deron paso a esta serie de cadros que para min son agora ‘Ecosistemas do íntimo’.

Pablo Santiago Martínez, ao igual que Alba Prado encontrase estudando o Grao de Belas Artes na Universidade de Salamanca. Con formación previa como Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade de Fotografía Artística. Seleccionado para expoñer ma XXV edición de San Marco na modalidade fotografía en Salamanca.

Dentro da miña obra artística e en concreto para esta exposición enfoqueime na tipografía e a seriación de imaxes e recursos gráficos atopados en revistas e impresións antigas buscando unha linguaxe que axunte a fotografía e a pintura. A partir destas imaxes creo unha nova narrativa desligada á procedencia e intencionalidade que tiñan como orixe.

Está pasando!