Enterro da Sardiña en Soutomaior

ven20feb19:30Enterro da Sardiña en SoutomaiorVELORIO NA PRAZA DE CIMA DE VILA19:30 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Pese que ao tempo no acompañe demasiado neste Entruido dende o Concello de Soutomaior xa organizaron as citas que quedan por diante aproveitando a boa previsión que se prevé para esta fin de semana.

Así e deste xeito, o Enterro da Sardiña, previsto para o mércores de cinza, trasladarase ao venres 20 de febreiro debido á previsión de choiva prevista para mañá. Un enterro para cuxo velorio está convocado ás 19:30 horas, con saída do cortexo fúnebre ás 20:00 horas.

O percorrido será dende a Praza Cima de Vila, pasando pola rúa Xosé Solla para finalizaren Cagazó, no campo da petanca, onde despediremos a nosa sardiña.

Un evento no que colaborarán a Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, a Asociación Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!