This is a repeating event

13º Edugal en Pontevedra

ven11out10:0013º Edugal en Pontevedrasalón da oferta de educación e formación de Galicia10:00 Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A 13ª edición de Edugal, o salón da oferta de educación e formación de Galicia terá lugar durante os días 9, 10 e 11 de outubro de 2024 no Recinto Feiral de Pontevedra.

‘Edugal’ é o punto de encontro de alumnado e estudantes potenciais, en especial estudantes que estean finalizando a ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos. Profesionais do ensino: profesores, mestres, etc. Centros educativos: universidades, facultades, escolas, institutos, escolas de formación profesional, etc. Formadores para o emprego: orientadores, recursos humanos, consultores, formación continua empresas, etc. Empresas do sector. Público xeral interesado en charlas formativas e información sobre formación e emprego.



O Salón da oferta de educación e formación de Galicia ‘Edugal’, organizado por Aempe e o Concello de Pontevedra, pretende posicionarse como o salón educativo de referencia en Galicia, tratando de dar resposta as necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias.

O horario do certame do mércores e xoves é de 10.00 a 18.00 horas e o venres, de 10.00 a 15.00 horas.

Toda a información do salón pode ser consultada en edugal.es, así como o número de expositores que se achegarán este ano (sobre sesenta stands). Cómpre sinalar que nesta edición estarán presentes por vez primeira as universidades de Ávila e de Salamanca.


Hora

(Venres) 10:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!