63ª Romaría Vikinga de Catoira

mar01ago00:00dom06ago(ago 6)23:5963ª Romaría Vikinga de CatoiraFesta de Interese Turístico Internacional00:00 - 23:59 (6) Concello de Catoira - Catoira

Detalles do Evento

A Romaría Vikinga de Catoira, unha das celebracións máis singulares Galicia, cumple no 2023 a súa 63 edición.

Cada primeiro domingo de agosto os habitantes de Catoira escenifican cun singular espectáculo as invasións viquingas sufridas fai mil anos.

O desembarco nas Torres de Oeste, que se dramatiza o domingo pola mañá, na participan unhas 200 persoas, é, sen dúbida, un dos puntos fortes da festa.

A esta celebración súmase a organización dun mercado medieval ambientado na época, e unha ampla programación cultural que conta con desfiles, actuacións de grupos folclóricos, degustación de mexillóns e viño da terra, presentacións de libros, charlas, exposicións, verbenas populares, competicións deportivas, etc.



PROGRAMACIÓN DA 63ª ROMARÍA VIKINGA DE CATOIRA

Martes 1 e mércores 2 de agosto

  • 22:15 h. Teatro: “Un neno Vikingo”, baseada na obra de Kristina Berg. Recinto das Torres de Oeste.

Xoves 3 de agosto

  • 21:00 h. Concerto de Clara Pino & Pablo Vidal, no Recinto das Torres do Oeste.
  • 22:15 h. Teatro: “Un neno Vikingo”, baseada na obra de Kristina Berg. Recinto das Torres do Oeste.

Venres 4 de agosto

  • 21:30 h. Pasarrúas de Usala Medieval, dende o Concello ata a Praia Fluvial.
  • 22:00h. Vikinsons. Concerto de Luar na Lubre e Skáld. Alameda da Praia Fluvial de Catoira.

Sábado 5 de agosto

  • Mercado medieval durante todo o día no Recinto das Torres do Oeste.
  • 14:30 h. Xantar Vikingo no Recinto das Torres do Oeste. Entradas á venda en Ataquilla.com
  • 16:00 h. Actuación de Upsala Medieval.
  • 17:00 h. Desfile infantil de vestiario vikingo.
  • 19:30 h. Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.
  • 20:30 h. Pasarrúas de Upsala Medieval: dende as Torres do Oeste ata a Praia Fluvial.
  • 21:00 h. Vikinsons. Concerto de Bloody Sunrise, Celtas Cortos, Dakidarría e Lontreira. Alameda da Praia Fluvial de Catoira.

Domingo 6 de agosto

  • Mercado medieval durante todo o día no Recinto das Torres do Oeste.
  • 10:00 h. Pasarrúas de grupos folclóricos dende a Alameda do Concello ata o recinto das Torres do Oeste.
  • 11:00 h. Degustación de mexillóns e viño tinto do Ulla. Recinto das Torres do Oeste.
  • 12:00 h. Actuacións de Troula e Upsala Medieval. Recinto das Torres do Oeste.
  • 12:30 h. Dramatización do Desembarco Vikingo. Recinto das Torres do Oeste.
  • 13:45 h. Actuacións de Troula e Upsala Medieval. Recinto das Torres do Oeste.
  • 14:00 h. Xantar campestre.
  • 19:00 h. Rudi Dudi “Clownamorado”. Alameda do Concello.
  • 20:30 h. Concerto de TOR – Folk céltico da Galiza. Alameda do Concello.

Entrada de balde a tódolos eventos ata completar aforo (agás para o Xantar Vikingo).

+info en catoira.gal


Hora

1 (Martes) 00:00 - 6 (Domingo) 23:59

Localización

Concello de Catoira

Está pasando!