‘Artexoga con elas’ e ‘Xoga e crea con Migallas’ en Pontevedra

mar21xan(xan 21)16:15mér30abr(abr 30)16:15‘Artexoga con elas’ e ‘Xoga e crea con Migallas’ en PontevedraImpartidos por Migallas Teatro(xaneiro 21) 16:15 - (abril 30) 16:15 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Un ano máis as concellerías de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organizan os obradoiros ‘Artexoga con elas’ e ‘Xoga e crea con Migallas’.

Impartidos por Migallas Teatro, están dirixidos a cativada entre os 5 e os 11 anos e desenvolverán actividades de expresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego.

Ambos manterán aberto o prazo de preinscrición entre o martes 21 e o xoves 23 de xaneiro no correo [email protected] e, no caso do impartido en Monte Porreiro, tamén de xeito presencial no seu Centro Cultural en horario de 18 a 20h.

‘Xoga e crea con Migallas’ priorizará, no caso de que fora necesario, a cativada residente na parroquia ao tempo que ‘Artexoga con elas’ fará o mesmo coa rapazada do municipio de Pontevedra.


‘ARTEXOGA CON ELAS’, NO PAZO DA CULTURA

Cada obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre a derradeira semana de xaneiro e abril de 2025 a razón dunha sesión semanal e distribuídas consonte os seguintes grupos:

  • Taller 1: de 8 a 11 anos

    • Os luns de 18.00 a 19.30h
    • Número de participantes: 25

  • Taller 2: de 5 a 7 anos

    • Os mércores de 17.30 a 19.00h
    • Número de participantes: 35

  • Taller 3: de 5 a 7 anos

    • Os xoves de 17.30 a 19.00h
    • Número de participantes: 35

A actividade terá un prezo total de 50 euros co material incluído.

Preinscrición: do 21 ao 23 xaneiro enviando un correo a [email protected] cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do neno/a:
  • Idade:
  • Nº de taller:
  • Nome de familiar ou titor/a de contacto:
  • Número de teléfono do adulto de contacto:
  • Enderezo:

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes no termo municipal de Pontevedra. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase directamente con Migallas Teatro cando comece a actividade, na semana do 27 ao 31 de xaneiro.

Máis información en migallas.gal/artexoga-con-elas/


‘XOGA E CREA CON MIGALLAS’, NO CENTRO CULTURAL DE MONTE PORREIRO

Trátase dun taller dirixido a nenas e nenos de 5 a 7 anos onde se desenvolverán actividades de expresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego.

O obradoiro constará de 10 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre xaneiro e abril de 2025 a razón dunha sesión semanal os martes das 18.00 ás 19.30 h.

Prezo: 40 euros por todo o obradoiro, co material incluído.

Preinscrición: do 21 ao 23 xaneiro enviando un correo a [email protected] cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do neno/a:
  • Nome de familiar ou titor/a de contacto:
  • Número de teléfono do adulto de contacto:
  • Enderezo:

Tamén se poden achegar estes mesmos datos de forma presencial ao Centro Cultural de Monte Porreiro eses mesmos días entre as 18.00 e as 20.00 h.

As prazas non se adxudicarán por orde de entrega da solicitude. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes en Monte Porreiro. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase cando comece a actividade.

Máis información en migallas.gal/cursos_e_talleres/

Hora

Xaneiro 21 (Martes) 16:15 - Abril 30 (Mércores) 16:15

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!