Proxección de 'As liñas descontinuas' en Pontevedra

mér04mar16:00mér19:30Proxección de 'As liñas descontinuas' en PontevedraXV Máster Class Audiovisual Galego Augal16:00 - 19:30 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra.

Dedicada ao filme ‘As liñas descontinuas’, a súa proxección verase complementada por un coloquio coa súa directora, Anxos Fazáns, a da produtora Silvia Fuentes.

Dirixido a entidades colaboradoras, estudantes, medios, PAS, PDI e público externo.

Entrada de balde, non é necesaria reserva.

Sinopse:

Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu o últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama.

Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.

Hora

(Mércores) 16:00 - 19:30

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!