Participantes no gran desfile de Entroido de Vilagarcía | Concello de Vilagarcía

This is a repeating event

Entroido Vilagarcía 2026

lun16febConsultarEntroido Vilagarcía 2026Do 14 ao 22 de febreiro(Consultar: luns) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Nada menos que vinte e dous premios serán os que conceda a Concellería de Cultura no desfile-concurso de disfraces e carrozas do Martes de Entroido.

Establécense tres modalidades de participación: infantil (ata 13 anos), xeral e comparsa. Nas dúas primeiras haberá categoría individual e de parellas, e na de comparsas, de grupos de ata 20 persoas e de formacións de máis de 20 membros.

Concederanse tres premios en cada apartado, con dotacións económicas que oscilarán entre os 50 e os 1.300 euros.

O desfile sairá dende a rúa A. Bóveda, para continuar por A. Cerecedo, avda. Dr. Tourón, praza de España, rúas Edelmiro Trillo e Padre Feijoo, praza da Independencia, rúa San Roque, rúa Cervantes, avda. Juan Carlos I, e remate na praza de Ravella.

Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile, a partir das 20:00 horas, na praza da Peixería.

As bases que rexen o concurso de disfraces e carrozas poden consultarse nos taboleiros de anuncios da sede.vilagarcia.gal e de vilagarcia.gal. Nestes mesmos medios está dispoñible o formulario de inscrición que deberá presentarse presencialmente nas dependencias da Concellería de Cultura (Auditorio Municipal). O prazo para anotase ramata o 13 de febreiro.

A maiores, Cultura dispón unha mención do xurado e premios especiais á mellor carroza e animación, cada un deles dotado con 500 euros. Ademais, como vén sendo habitual dende hai xa uns anos, co obxectivo de fomentar e manter viva a tradición popular do choqueiro, disponse doutra partida de 500 euros para premiar aos  mellores disfraces desta figura típica do Entroido galego.

A programación de Entroido do Concello inclúe tamén o baile infantil organizado pola Concellería de Xuventude. Terá lugar o luns 16 pola tarde na Praza da Peixería e estará amenizado por La Duendeneta, que ademais de ofrecer un repertorio de música festiva, animará aos asistentes e invitará á participación nas coreografías guiadas e nos xogos interactivos.

Ademais, a rapazada poderá participar nos distintos obradoiros creativos gratuítos que impartirá o persoal de Servizos Integrais de Formación.

A programación na honra de Don Carnal tamén terá actividades moi salientables en Vilaxoán e no Carril. O Centro Sociocultural do Preguntoiro acolle o venres 20 a partir das 20:30 horas o festival de comparsas, todo un clásico ao que acoden distintas formacións da contorna para cantar as súas coplas satíricas. E o sábado 21, con saída ás 19:30 horas da lonxa de Vilaxoán, celebrarase o Enterro da Sardiña.

No Carril, ademais das actividades (bailes e obradoiros) propios para os seus asociados, o Gato Negro organiza o domingo 22 o seu Enterro da Sardiña. Con saída ás 18:30 horas dende a sede da entidade, percorrerá as principais rúas do pobo cunha comitiva fúnebre na que participarán os grupos e comparsas “O que queira que veña”, ANPA A Escardia, Os Jatiños e o Grupo Tradicional Malveiras, así como curas e choronas.

A programación do Entroido 2026 en Vilagarcía de Arousa é a seguinte:

SÁBADO 14 · GATO NEGRO NO CARRIL [11:00]

  • Obradoiro de Entroido. Dirixido a público infantil

DOMINGO 15 · GATO NEGRO NO CARRIL [17:30]

  • Baile infantil. Con Tatarina Animación Infantil. Actividade só para socios.

LUNS 16 · PRAZA DA PEIXERÍA [17:00-20:00]

  • Baile infantil de Entroido. Animación musical a cargo de La Duendeneta, con coreografías guiadas e xogos interactivos para animar á participación.
  • Obradoiros creativos e participativos a cargo de SIF (Servicios Integrales de Formación).
  • Pinta-caras: As emocións teñen cores. Espazo para personalizar a maquillaxe do Entroido.
  • Obradoiro de creación de chapas personalizadas con emojis.
  • Emoción(arte): Paneis e murais para que a rapazada colabore na realización dun mural con motivos de Entroido.
  • Creación de disfraces con diferentes accesorios para quen veña sen disfrazar.
  • Cada integrante levará de agasallo un “emotiglobo”, e os que participen nalgún obradoiro terán unha recompensa adicional.
  • Entrada de balde. Organiza: Concellería de Xuventude.

MARTES 17 · RÚAS DE VILAGARCÍA [17:00]

  • Desfile de Entroido. Saída dende a rúa A. Bóveda, para continuar por A. Cerecedo, avda. Dr. Tourón, praza de España, rúas Edelmiro Trillo e Padre Feijoo, praza da Independencia, rúa San Roque, rúa Cervantes, avenida Juan Carlos I, e remate na praza de Ravella. Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile, a partir das 20:00 h, na praza da Peixería. Organiza: Concellería de Cultura.

VENRES 20 · GATO NEGRO NO CARRIL [17:30]

  • Obradoiro de orellas e filloas. Para maiores de 16 anos.

VENRES 20 · CENTRO SOCIOC. DE VILAXOÁN [20:30]

  • Festival de comparsas.

SÁBADO 21 · VILAXOÁN [19:30]

  • Tradicional Enterro da Sardiña. Saída dende a lonxa de Vilaxoán.

SÁBADO 21 · GATO NEGRO NO CARRIL [24:00]

  • Baile de piñata. Coa animación de Will Discomóvil. Actividade só para socios.

DOMINGO 22 · O CARRIL [18:30]

  • Tradicional Enterro da Sardiña. Saída dende o Gato Negro.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!