Fotograma de ‘Algo novo que contar’ | Paula Pereira

Sesión Augal dedicada ás curtametraxes en Pontevedra

mér25feb16:00mér19:30Sesión Augal dedicada ás curtametraxes en PontevedraXV Máster Class Audiovisual Galego Augal16:00 - 19:30 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra.

Dedicada ás curtametraxes, abrangue as proxeccións de catro pezas e un coloquio cos seus creadores e creadoras.

Nomeadamente, poderán verse ‘Algo novo que contar’, coa participación de Paula Pereira; ‘Delincuente’, presentado pola directora, Alba Domínguez, e a guionista Nuria Vil; ‘Un novo día’, de Gon Garide, e ‘Curmán’, dirixido por Alejandro Jato.

Dirixido a entidades colaboradoras, estudantes, medios, PAS, PDI e público externo.

Entrada de balde, non é necesaria reserva.

Hora

(Mércores) 16:00 - 19:30

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!