Baiverán 2023 en Baiona

sáb01xul00:00mér13set(set 13)23:59Baiverán 2023 en Baionamáis dun centenar de actividades para todos os públicos(xullo 1) 00:00 - (setembro 13) 23:59 Concello de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

O Concello de Baiona deseñou o Baiverán 2023, un programa de actividades para todos os públicos, para todas as idades da familia . Ao longo de catro meses programouse máis dun centenar de actividades durante todos os días.

Un das principais novidades desta edición 2023 é o festival organizado para os máis pequenos e pequenas do municipio. Baixo o título de “Peque Fest”, o mércores 9 de agosto, os máis peques da familia poderán gozar na praza do concello de 17:00 a 20:00 horas de pintacaras e inchables. Ás 20:00 horas terá lugar o espectáculo de maxia infantil de Yago Barra.

Tamén se organizou o día 23 de agosto o “Día da Mocidade” baixo o nome de “Xuventude Fest”. A praza do concello acollerá as actuacións de Ganjahr Family, Dj Diego Mariño e DJ Yaggo, a partir das 20:00 horas.

Outra das grandes novidades da programación será a programación deseñada como peche do mes de agosto: É o Festival Peregrino: encontro no camiño, pensado para potenciar o Camiño Portugués da Costa entre a veciñanza, peregrinos e visitantes. Así, Peregrinarche, trátase de actividades infantís na Praza do Concello de 12:00 a 19:30 horas (necesaria inscrición previa na oficina de turismo).

Ás 22:00 horas terán lugar as actuacións estelares no Parque de “A Palma” de Pepo Suevos, Manuel Manuiña e Pili Pampín, todas elas forman parte do espectáculo “Camiñantes e Cantantes. 30 Anos do Camiño coa Ocaband”. Pechará o festival o Bruxo Queiman co espectáculo “Queiman Folki” ás 24:00 horas. Terá lugar o 31 de agosto.



O Baiverán 2023 inclúe máis dun centenar de actividades: concertos e actuacións musicais, monólogos, espectáculos familiares, conferencias, charlas, festas populares, feira de actividades e coleccionismo; actividades populares realizadas polos distintos colectivos e asociacións baionesas e tamén do Val Miñor.

Cinema ao aire libre, así como o Ciclo Mestre Mateo que levará as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual galego ao Multiusos Mercado de Sabarís os luns.

A pintura tamén terá o seu espazo no Multiusos, xa que se programaron 9 exposicións neste espazo.

O ciclo de conferencias “O Falar das Pedras” organizado polo Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona tamén levará a cabo neste espazo.


Hora

Xullo 1 (Sábado) 00:00 - Setembro 13 (Mércores) 23:59

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!