This is a repeating event

BDra Gráfica en Pontevedra

ven28xuñConsultarBDra Gráfica en Pontevedrafestival de banda deseñada de pontevedra(Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O edil de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou na mañá do martes, 23 de abril, a nova edición do festival BDra Gráfica, acompañado do seu impulsor, o debuxante e profesor, Kiko da Silva. A cita, que comezou o seu camiño o pasado ano 2023, contará nesta ocasión cun empurrón de contidos e programación en todos os niveis.

«Pontevedra é unha referencia dentro da BD, en grande medida polo traballo de Kiko da Silva, e polo labor realizado desde O Garaxe Hermético», indicou o concelleiro. «Temos librarías especializadas, temos artistas… somos unha potencia. Por iso, BDra Gráfica medra este ano e chega até as rúas entre o 27 e o 30 de xuño».

O programa dedicado á banda deseñada nacional, estatal e internacional agrupará diversas propostas baixo o seu paraugas, que van desde un salón o cómic até xornadas para profesionais, o que fará que Pontevedra «se transforme na capital galega da BD». «Imos ser o centro galego da BD e, probablemente, con humildade, teremos un evento que ben pode contar con repercusión internacional polos nomes que pasarán polo evento».

O responsábel de adiantar parte da programación que Pontevedra vivirá o vindeiro xuño foi Da Silva, que agradeceu a aposta decidida do Concello de Pontevedra á hora «de seguir apostando pola banda deseñada en galego e máis aínda por darnos a oportunidade de presentar este evento o Día do Libro, reivindicando a BD como unha das artes que forman parte dos andeis das librarías».

O debuxante pontevedrés lembrou que se ben hai anos falar de BD ou cómic era falar dunha cultura underground, mesmo en ocasións invisíbel ao mundo, hoxe en día as cousas son ben distintas, pois «case todas as librarías contan nos seus andeis con banda deseñada e na actualidade a cantidade de lectoras que ten esta arte e mesmo superior ao número de homes».



Da Silva explicou que BDra Gráfica sairá as rúas para visibilizar e difundir a creatividade nacional e internacional, algo que se relaciona co cambio de data —o ano pasado o evento fora en marzo—, na procura dunha meteoroloxía máis estábel. «Contaremos cunha gran carpa na Ferraría para acoller o evento central, aínda que cómpre lembrar que a programación vai máis aló disto», sinalou.

Nesta edición, as xornadas profesionais que se realizarán no Teatro Principal, entre e 29 e o 30 de xuño «serán diferentes», poñendo o foco na IA e os dereitos de autor dunha banda, e na saúde dos artistas a través dos coidados fisiotepaéuticos para creadores de BD. Ademais, haberá «unha sorpresa» a través dunhas xornadas de creacións de personaxes vinculados non só a BD, Senón tamén a debuxos animados, mais «teremos a exclusiva de quen dará este obradoiro máis adiante, nunhas semaniñas».

«Vai ser un evento BD para todos e para todas, pensando en todas as idades, tanto para xente que acaba de entrar no mundo como que leva toda a vida lendo BD», indicou Kiko. «Estarán presentes todos os xéneros, desde a memoria histórica á novela policíaca».

Entre os convidados especiais desta cita, e que ofrecerán e amosarán a súa obra orixinal en colaboración coa Fundación Manuel Moldes, aparece a figura do extraordinario Miguelanxo Prado, autor que será homenaxeado nesta edición. O artista galego é unha referencia absoluto nesta disciplina artística, con traballos que se poden atopar en case calquera recuncho do mundo; multipremiado e multirecoñecido. Foi responsábel do cartaz deste ano e Pontevedra contará coa súa presencia durante case un mes.

Outros nomes de seu que virán até BDra Gráfica serán: Bartolomé Seguí, Carlos Portela ou o madrileño Keko.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!