'Ben falado' con David Amor en Poio

ven05xul21:00'Ben falado' con David Amor en Poiociclo de monólogos21:00 Porto de Raxó - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio presenta o ciclo de monólogos ‘Ben falado’, que trae ao Porto de Raxó as actuacións de David Amor e Pablo Meixe os próximos 5 e 6 de xullo.

O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, presentaron a iniciativa acompañados de Beatriz Rodiño, da empresa local La Reccicladora, que colaborará coa decoración dun photocall.

Segundo explicou Moldes, o obxectivo de ‘Ben falado’ é poñer en valor a tradición oral galega, crear un espazo de lecer, familiar e de experiencias en galego: “promocionar e fomentar o uso da nosa lingua cun instrumento tan importante como a retranca galega. O camiño non é impoñer, senón buscar fórmulas amables que animen a falalo. E este vai ser un evento distinto, especial e con moita sensibilidade cara o galego”.

Ademais, engadiu que “buscamos marcos e contornas diferentes, familiares, e nesta ocasión eliximos o Porto de Raxó. Queremos trasladar propostas e programación variada e de calidade a todas as parroquias do noso concello, para enchelas de vida e dinamizar a actividade”.


Presentación do ciclo ‘Ben falado’ | © Concello de Poio

A primeira actuación, o venres 5 ás 21.00 horas, será a de David Amor, que porá en escena a peza ‘O amor está no aire’, na que o artista fala de todas as súas inquedanzas sen deixar de lado unha das súas paixóns, os aeroportos.

O sábado será quenda de Pablo Meixe, tamén ás 21.00 horas, co seu espectáculo ‘Meixeverso’, que convida a unha viaxe chea de retranca, unha gala de premios, un cine, pero por riba de todo unha oportunidade para conectar cun dos creadores de contido máis punteiros do momento.

As dúas actuacións están dirixidas para o público familiar e adulto e son gratuítas. Para a organización deste ciclo, o Concello de Poio conta coa colaboración da Xunta de Galicia.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Porto de Raxó

Rúa Ramón Encinas, 30, 36992 Raxó, Poio

Está pasando!