Campionato Galego de Taekwondo en Redondela

sáb24mai09:00Campionato Galego de Taekwondo en Redondelafreestyle escolar, técnica escolar e exhibicións escolar e adulta09:00 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

O Pavillón Municipal da Marisma será este sábado, día 24, a sede o Campionato Galego de Taekwondo nas modalidades “freestyle” escolar, técnica escolar e as exhibicións de escolares e adultos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro Antonio Cabaleiro, presentaron o campionato no Concello xunto a Noelia Pérez, vicepresidenta da Federación Galega de Taekwondo, Beatriz Isabel Queiro, presidenta do Omnihum e Yago Bernárdez, adestrador do club redondelán.

Serán 1.000 nenos e nenas de toda Galicia os que compitan nesta proba autonómica, logo de clasificarse nas correspondentes fases provinciais. Redondela terá unha ampla representación con máis de 40 escolares do Club Club Omnihum. Nas exhibicións de adultos participarán varios grupos cun total de 60 deportistas.

Presentación do Campionato Galego de Taekwondo | Concello de Redondela

A competición, organizada polo Club de Taekwondo Omnihu, iniciarase as 9:00 horas e desenvolverase de forma simultanea en seis tapices.

No Campionato Galego de Exhibición participarán 57 taekwondistas, mentras que na competición escolar 649 deportistas competirán en Técnica, 24 farano en Freestyle e 78, en Exhibición.

En Técnica competirase en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en individual, parella e trío, mentres que en Freestyle e Exhibición somentes haberá categoría infantil e cadete.

Na xornada de mañá terá lugar exclusivamente a competición de Técnica escolar e pola tarde a de Exhibición adultos e as escolares de Freestyle e Exhibición.

O Campionato Galego Escolar forman parte do programa de Deporte Escolar Xogade, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.

A entrada ao Pavillón da Marisma será de balde. As entregas de medallas está previsto que se celebren ás 12:30 e 17:30 horas.

Hora

(Sábado) 09:00

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!