Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Cangas

ven27feb20:30Carlos Blanco presenta 'A penúltima' en Cangasunha produción de Condetrespés20:30 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Carlos Blanco presentará no Auditorio Municipal de Cangas o seu novo espectáculo, titulado ‘A penúltima’. Será o venres, 27 de febreiro ás 20:30 horas.

Un monólogo que xa fixo rir ao público alá por onde pasou e que segue a receita coa que sempre triúnfa: facendo humor do país mesturando stand-up e improvisación.

En ‘A penúltima’ Blanco xunta historias novas e vellas con anécdotas populares galegas. Todo isto aderezado coa típica retranca e o toque xusto que fai que o espectador, ademais de divertirse, reflexione sobre certos aspectos intemporais e de actualidade.

O título elixido para esta nova montaxe suxire que sempre hai algo máis por vir, xogando coa idea de que nunca se sabe cando será a próxima actuación, pero que, por se acaso, non hai que perderse a actual.

‘A penúltima’ é unha produción de Condetrespés dirixida a público adulto.

Entradas anticipadas á venda dende 16,20 euros en Ataquilla.com.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!