'Certificados en Cultura do Viño. Nivel I' en Pontevedra

xov13feb(feb 13)18:00xov27feb(feb 27)21:30'Certificados en Cultura do Viño. Nivel I' en PontevedraQue viño pido? Aprende a elixir e gozar os teus viños favoritos18:00 - 21:30 (27)

Detalles do Evento

Achégate ao mundo do viño a través dos conceptos básicos que aclararán que viño che gusta, e por que che gusta, con este complexo curso, ideal para iniciarte nos aromas, sabores e texturas dos estilos emblemáticos que se van facendo ao longo dos tempos. Os séculos sentaron as bases do actual viñedo.

Un primeiro paso educativo e disruptivo para gozar desta bebida universal a través da súa historia, paisaxes soñadas, vinificación milenaria, uvas que estruturaron continentes e tendencias que están por vir.

Este nivel está dirixido tanto a afeccionados como a profesionais da adega, distribución e hostalería; e en xeral, a todas aquelas persoas que queiran achegarse á cultura do viño e á cata técnica.

Contidos: Expansión da vide no mundo | Técnica básica de cata | Clima e solo | Variedades de uva | Viña e adega | Servizo e maridaxe | Novas tendencias

  • Cata comentada de 20 viños
  • 10 horas de formación

Lugar: Aula 5ª planta da Sede Afundación Pontevedra. Rúa Augusto González Besada, 2 – 36001 Pontevedra.

Datas: 13, 20 e 27 de febreiro de 2025

Horario: De 18:00 a 21:30 horas (cada unha das 3 xornadas do curso).

Impartido por: Instituto Galego do Viño, entidade educativa privada líder na transformación do mundo do viño en Galicia, con máis de 10 anos de historia dedicada á difusión da cultura do viño e a dar a coñecer os viños galegos ao resto do mundo.



Os Certificados en Cultura do Viño ofrecen un percorrido no que adquirir, dun xeito sinxelo, os coñecementos necesarios para gozar do viño, dende os fundamentos do cultivo e da produción ata un percorrido sensorial polos viñedos e estilos máis emblemáticos do planeta.

Unha viaxe de culturas, paisaxes e emocións que busca descubrir a alma do viño, dividida en 5 niveis de 3 tardes, 10 horas e 20 viños cada un, cos que divertirse e aprender ao mesmo tempo.

  • Nivel I_ Que viño pido? Aprende a escoller e gozar dos teus viños favoritos
  • Nivel II_ A Galicia do viño. Namórate dos seus viños como nunca che dixeron
  • Nivel III_ Viaxe á España líquida. Fai un percorrido por 20 viticultores imprescindibles
  • Nivel IV_ Europa en viño. Coñece as novas tendencias do vello continente
  • Nivel V_ Viños do Novo Mundo. Descubre cepas centenarias para persoas sen complexos

Entradas anticipadas á venda dende 115 euros en Ataquilla.com

Hora

13 (Xoves) 18:00 - 27 (Xoves) 21:30

Está pasando!