'Chungo que te cagas!' no Grove

mar06ago11:30'Chungo que te cagas!' no GroveEspectáculo de Novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso11:30 Concello do Grove - O Grove

Detalles do Evento

A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey servirá de escenario para o espectáculo de Novo Circo ‘Chungo que te cagas!’, a cargo de Peter Punk Pallaso.

Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias da cativada e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

O seu particular “Chungo que te cagas!” é o “Máis difícil aínda!” do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo, perfecto para calqueira tipo de espacio e público. Máis dunha década leva este “Chungo que te cagas” rodando polo País de Nunca Máis.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Martes) 11:30

Localización

Concello do Grove

Está pasando!