Coloquio 'Alcaldes para un pobo: Bueu 1812-2024'

xov16mai20:00Coloquio 'Alcaldes para un pobo: Bueu 1812-2024'Letras Galegas 2024 en Bueu20:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, presenta un amplo e variado programa para celebrar as Letras Galegas 2024, no que se insiren propostas musicais, cinematográficas e literarias durante todo mes de maio por diversas localizacións da vila e con atención a varios públicos.

O 16 de maio, o investigador local Arturo Sánchez Cidrás impartirá unha charla sobre os alcaldes de Bueu dende o 1812 ata o 2024, nun acto que será ás 20.00 horas no Centro Social do Mar, e no que fará un percorrido histórico e humano das figuras que tiveron ao longo do tempo a responsabilidade de xestionar o goberno da vila de Bueu.


Presentación das Letras Galegas 2024 en Bueu | © Concello de Bueu

LETRAS GALEGAS 2024 EN BUEU

O pasado mércores 8 de maio, celebrouse a rolda de prensa de presentación da programación, na que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura, mocidade e normalización lingüística, e representantes dos colectivos colaboradores. Carmen García salienta que “o que buscamos é poñer en valor a lingua galega en todas as disciplinas artísticas e tamén visibilizar a Luísa Villalta, figura homenaxeada este ano”. Por iso a programación abranguerá todo o mes de maio por diversas localizacións da vila e con atención a varios públicos.

O 12 de maio arrancarán os actos na Casa da Aldea de Meiro, onde a partir das 18:00 horas o gaiteiro Xavier Blanco ofrecerá o concerto de “Literatura afinada”, con pezas musicais inspiradas en obras de diversas épocas, desde os xuglares a cantares de cego do medievo, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Ernesto Guerra da Cal, Blanco Amor, Uxio Novoneira, María Mariño, Eduardo Moreiras, Manuel María, Bernardino Graña e Xosé Neira Vilas. A continuación, o poeta moañés Xosé Daniel Costas presentará o poemario ‘De costumes e agoiros do Mar do Norte’, e rematará evento coa actuación da Candadela de Meiro Os Palleta Mollada.

O 16 de maio, o investigador local Arturo Sánchez Cidrás impartirá unha charla sobre os alcaldes de Bueu dende o 1812 ata o 2024, nun acto que será ás 20.00 horas no Centro Social do Mar, e no que fará un percorrido histórico e humano das figuras que tiveron ao longo do tempo a responsabilidade de xestionar o goberno da vila de Bueu.

XXIII Romaría das Letras celebrarase o 17 de maio a partir das 12:00 horas no Adro de Sanamedio (Bon). O comezo das actividades será ás 12:00 horas coa actuación de Os Liboreiros, seguido de micro aberto das Letras Galegas. Pola tarde, despois do xantar popular no lugar, a cativada poderá gozar dun contacontos ilustrado no que o dúo Polo Correo do Vento dará a coñecer de forma amena a biografía de Luísa Villalta. Tamén haberá xogos populares, e convídase ás familias a xuntarse alí para o xantar como é habitual.



Ao día seguinte, 18 de maio, a Coral Polifónica Marusía organiza o habitual concerto das Letras Galegas, que será ás 20:00 horas no Centro Social do Mar, e no que participarán as corais Areas Gordas de Coiro, Val do Fragoso de Vigo, Santa María A Digna de Portonovo e a anfitrioa.

O Aparcadoiro de As Lagoas encherase cunha carpa con máis música a partir das 22:30 horas co concerto do XX aniversario de Dakidarría, que recala en Bueu grazas ao programa + Música da Deputación Provincial de Pontevedra. A continuación, e como remate de festa, actuará un DJ, que tamén terá música en galego no seu repertorio.

O domingo 19 de maio, a compañía Sarabela Teatro representará “Made in Galiza”, que se poderá ver de balde ás 19 horas no Centro Social do Mar, no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. A obra, baseada nun libro de Séchu Sende, reflexiona sobre cuestións sociolingüísticas dende unha ollada humorística e con situacións cotiás, mediante un xogo lúdico e divertido.

Á seguinte semana, o 25 de maio, o Centro Social do Mar acollerá o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira, que se celebrará ás 12:00 horas e ao que asistirán Xosé Luís Mosquera Camba, gañador na categoría de poesía, e Lois Pérez, na de xornalismo. Ademais, contarase co espectáculo “Indóciles”, no que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica De Nut sorprenderán con narración, poesía e música para expresar a forza da figura e obra de Luísa Villalta.

Tamén como xa vén sendo habitual no calendario, desenvólvese o Ciclo de Cinema Galego, organizado polo Cineclub Bueu, e no que se poderán ver filmes como ‘À procura da estrela’, de Carlos Martínez – Peñalver, ‘Eroski Paraíso’, de Jorge Coira e Xesús Ron, e ‘A viaxe de Leslie’, de Marcos Nine. Por último, dende a Libraría Miranda levan xa un tempo promovendo presentacións literarias todos os mércores, e o 15 de maio visitaranos Sara Vila para falar da súa nova novela ‘O incendio’.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!