This is a repeating event

Outubrofest 2024 en Pontevedra

ven01novConsultarOutubrofest 2024 en PontevedraDo 31 de outubro ao 3 de novembro de 2024(Consultar: venres) Alameda de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Nesta recta final de outubro, Pontevedra volve ter unha cita de ocio e socialización ineludíbel para a súa veciñanza. Promovido polo Pontevedra Rugby Club, a carpa do Outubrofest.

Desde o 31 de outubro e até o 3 de novembro, será posíbel degustar as diferentes variedades de cervexa que a organización do evento ten preparadas para a ocasión.

Como novidade para este 2024, a praza de España non será o espazo habitual para a localización da carpa, pois esta estará situada ao seu carón, na Alameda. No referido a outros aspectos da programación, todo se manterá coma sempre: cervexa, cociña con bocadillos, bocadillos de salchichas, gran ambiente e demais.



A carpa abrirá as súas portas o 31 de outubro ás 12.30 horas, sendo a inauguración oficial ás 13.00 horas. Pola noite celebrarase a noite de Galloguin e ás 00.00 horas procederase co peche (todas as xornadas finalizarán a esta hora, agás o 3 de novembro, que será ás 22.00h horas).

O venres, 1 de novembro, é o ‘Día das familias’, entregándose tamén o ‘Premio máis que rugby’. O sábado, 2 de novembro, haberá unha sesión de vermout especial e o domingo tocará despedirse até o ano que vén.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Alameda de Pontevedra

Rúa Alameda, 36001 Pontevedra

Está pasando!