Color Rain Festival na Guarda

sáb29xuñ19:00Color Rain Festival na GuardaEvento solidario a favor do proxecto Fogares Sanxe19:00 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

A Guarda acolle este sábado 29 de xuño a Color Rain Festival, un evento lúdico-deportivo no que se fusionan deporte e diversión. As inscricións pechan este mércores, así que aínda hai tempo de apuntarse a través de colorrainfestival.com.

Os inscritos deberán levar roupa branca e o dorsal correspondente. Ademais, ten unha cara solidaria a favor do proxecto Fogares Sanxe, impulsado pola Asociación San Xerome Emiliani.

Para aquelas persoas que non queiran participar ou queiran aportar un donativo maior, poderán facelo a través da chamada fila 0, na que tamén serán agasallados coa camiseta conmemorativa.

Os participantes deben ser maiores de 12 anos, pero a rapazada entre os 6 e 11 anos poderán participar fóra da competición —con inscricións gratuítas— sempre e cando estean correctamente rexistradas e asistan acompañados dunha persoa adulta, que deberá realizar a súa inscrición no evento.

Na Alameda, haberá diferentes stands con comida e outras actividades para animar a tarde. O programa comeza ás 19:00 horas cunha actuación de títeres na zona de saída para o público infantil. Trátase da obra ‘De Vilatriste a Vilalegre’, que está enmarcada na xira do 40 aniversario do Centro Dramático Galego.

Ás 19:45 horas comezará a animación e o quecemento, cunha clase de zumba impartida por Alejandra, do centro Lioness Training. Ao finalizar, terán lugar as explosións de cores e a saída efectuarase ás 20:30 horas. Tras os 3 km de carreira entregaranse os premios e continuará con ambientación musical con djs.



O proxecto Fogares Sanxe, impulsado pola Asociación San Xerome Emiliani pretende crear 30 vivendas destinadas á emancipación de 60 persoas con diversidade intelectual no antigo colexio das Carmelitas.

O edificio contará con todos os servizos necesarios e apoios profesionais para que os usuarios da comarca do Baixo Miño establezan unha nova vida independente e segura.

Para iso, de cada inscrición destinarase un euro a esta causa, ademais de abrirse unha fila cero para todas as persoas interesadas que non poidan participar e desexan apoiar a causa.


Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!