Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia en Pontevedra

xov01feb20:30Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia en PontevedraSociedade Filharmónica de Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Orquesta Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Andrés Salado, e con Ludwig Dürichen ao violín, ofrecerán un concerto sinfónico no Auditorio Afundación de de Pontevedra dentro da Tempada 2023-2024 organizada pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra.

  • JESÚS TORRES: Concerto para violín e orquestra (2011)
  • SHOSTAKOVICH: Sinfonía nº 1 en Fa menor, op. 10

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de Youtube.

A OSG, cuxo director titular desde a tempada 2023-24 é Roberto González-Monxas e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria.

En 2007 realizou unha xira por América do Sur, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.

Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono a OSG conta con solistas como Anne-Sophie Mutter, Isabelle Faust, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Grigory Sokolov, Frank Peter Zimmermann, Maria Joao Pires, Elisabeth Leonskaja, Dmitri Sitkovetsky, Stefan Dohr, Alice Sara Ott, Gil Shaham, Sarah Chang, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Mischa Maisky, Javier Perianes ou Christian Lindberg entre outros moitos. Con ela cantaron Bryn Terfell, Ewa Podles, Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Simon Lestes, Leo Nucci, Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Mattias Goerne, María Bayo, Ainhoa Arteta, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, e sempre baixo a batuta de mestres como Gustavo Dudamel, Lorin Maazel, Eliahu Inbal, Neville Marriner, Michail Jurowski, Ton Koopman, Guennadi Rozdestvenski, Libor Pesek, Maurizio Pollini, Christoph Eschenbach, James Judd, Stanislaw Skrowaczeski, Richard Egarr, Daniel Harding, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Carlo Rizzi, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck entre outros. Na súa discografía, para selos como Deutsche Grammophon, Sony, BIS, EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts, figuran nomes como os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Iván Martín, Manuel Barrueco —con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles entre outros.

A OSG converteu a súa canle de Youtube no máis visto do sector en España e un dos máis visitados a nivel europeo: con máis de cen mil subscritores.

Foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega dá Música 2010.

Concerto organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra en colaboración con Afundación.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com a partir do xoves 18 de xaneiro.



A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe dez concertos que se celebrarán no Teatro Principal e no Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2023 e maio de 2024.

A programación de concertos da tempada 2023-2024 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra é a seguinte:

30/OUT/2023

  • ZOAR (quinteto de vento) e ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS (piano)
  • Obras de Richard Strauss, Poulenc e Louise Farrenc
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/NOV/2023

  • MISHA DACIC (piano)
  • Obras de Liszt
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

22/DEC/2023

  • QUARTET VIVANCOS (corda)
  • Primeiro Premio do Concurs Amics del Cambra Románica d’Andorra 2021
  • Obras de Mozart, Schubert e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

29/XAN/2024

  • TRÍO PEDRELL (violín, violonchelo e piano)
  • Obras de Mendelssohn e Dvorák
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

01/FEB/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: Andrés Salado
  • Solista: Ludwig Dürichen (violín)
  • Obras de J. Torres e Shostakovich
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

26/FEB/2024

  • ISABEL VILLANUEVA (viola) e FRANÇOIS DUMONT (piano)
  • Isabel Villanueva é Premio Ollo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica da Comunidade de Madrid 2019.
  • François Dumont é Quinto Premio no XVI Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin de Varsovia (2005)
  • Obras de Clarke, Brahms e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

15/MAR/2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Director: Baldur Brönnimann
  • Solista: Alfonso Mújica (barítono)
  • Obras de Ginastera, Márquez, Moncayo e Blas Galindo
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

09/ABR/2024

  • JAEDEN IZIK-DZURKO (piano)
  • Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano de Santander (2022) e Primeiro Premio LXVII Concurso de Piano María Canals (Barcelona 2022).
  • Obras de Bartók, Liszt e Rachmaninov
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/MAI/2024

  • GARA QUARTET (corda)
  • Con instrumentos de época “Madrid 1770”
  • Obras de Boccherini, Haydn e Canales
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

17/MAI/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: José Trigueros
  • Solista: Marina Heredia (cantaora)
  • Obras de Ernesto Halffter e Falla
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís ( euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org

 

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!