Real Filharmonía de Galicia | © RFG

Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Pontevedra

ven11out20:30Concerto da Real Filharmonía de Galicia en PontevedraSOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da tempada 2024-2025 organizada pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra, o venres 11 de outubro no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, a Real Filharmonía de Galicia dirixida por Sebastián Zinca, ofrecerá un concerto no que interpretarán obras de Eduardo Soutullo, Vaughan Williams e Sibelius.

  • EDUARDO SOUTULLO: All the echoes listen
  • VAUGHAN WILLIAMS: Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis
  • SIBELIUS: Sinfonía nº 4 en La menor, op. 63

Recollida de entradas socios: Días 9 e 10 de outubro no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 horas, ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 horas.


Real Filharmonía de Galicia | © RFG

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado, Joana Carneiro a principal directora invitada, e Sebastian Zinca é o Director Asistente durante o ano 2024, no que traballa en estreita colaboración co Director Titular Baldur Brönnimann. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.

A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración.

A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.


Sebastián Zinca | © RFG

Sebastian Zinca (director)

Esta tempada Sebastián Zinca dirixe once concertos coa Real Filharmonía de Galicia como parte do seu novo rol como director asistente. Tras a súa participación na Academia do Festival de Lucerna no verán de 2023, foi novamente convidado a dirixir un taller e un concerto coa Orquestra da Academia nos veráns de 2024 e 2025. Recibiu unha medalla de prata no Terceiro Concurso Internacional de Dirección Antal Doráti, en Budapest, e a bolsa Joan W. Harris no Festival de Música de Aspen.

Como director asistente traballou con Mark Wigglesworth no Teatro Real de Madrid na produción de Barrie Kosky de A nariz de Shostakovich, e con Nicholas Collon e a Orquestra Sinfónica da Radio Finlandesa. Se graduó na clase de dirección da Orquestra da Academia Sibelius en Finlandia.

Particularmente apaixonado pola ópera, Zinca dirixiu producións de Suor Angelica de Puccini , L’Amico Fritz de Mascagni , O diario de Ana Frank de Frid e Alcina de Handel. En 2022 foi un dos catro novos directores de todo o mundo elixidos para dirixir un acto da Bohème en concerto coa Orquestra Filarmónica de Gran Canaria. Na Academia Europea de Música de Teplice, recibiu o Premio do Presidente polo seu traballo en Così fan tutte.

Ademais, dirixiu a Orquestra da Komische Oper, Kammerakademie Potsdam, Orquestra Sinfónica da Radio Finlandesa, Filarmónica de Helsinqui, Tapiola Sinfonietta, PKF-Filarmónica de Praga, Staatstheater Cottbus, Sinfónica de Lahti, Filarmónica de Magdeburgo, Orquestra Sinfónica de Oulu e a Orquestra de Cámara de Ostrobotnia. Mentres vivía na cidade de Nova York, formou unha orquestra de estudantes e ex alumnos de Juilliard e Yale.

Zinca é orixinario de Miami, Florida, nacido de pais romaneses e peruanos. Antes de dirixir, estudou contrabaixo na Juilliard School. Como músico de orquestra, actuou con varios dos principais mestres do mundo no Carnegie Hall, Suntory Hall, Royal Albert Hall, Conservatorio de Moscova e o Teatro Mariinsky. En 2017 realizou un programa de música conmemorativa do Holocausto en Auschwitz e realizou máis de 40 concertos en hospitais, residencias de anciáns e refuxios para persoas sen fogar.



Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!