Poio Sesións | © Concello de Poio

Concerto de Fol de Lume, Caos Harmónico e Arroww

sáb21dec20:00Concerto de Fol de Lume, Caos Harmónico e ArrowwBandas participantes no Poio Sesións20:00 A Seca - Poio

Detalles do Evento

Tras recibir asesoramento sobre as súas composicións, melodías e arranxos, gravar as súas maquetas en formato MP3 e editar un vídeo musical, chega o momento do directo para as tres bandas que participan no Poio Sesións, o programa de aceleración musical impulsado polo Concello de Poio.

Será este sábado, 21 de decembro, ás 20.00 horas nun concerto na carpa Poio Máxico, instalada na Seca, no que o público poderá comprobar e disfrutar de todo o traballo feito durante estes meses.

Fol de Lume, na categoría de música folk, Caos Harmónico, en música rock, e Arroww, como música urbana-electrónica, subiranse ao escenario da Seca, por onde tamén pasarán todas as persoas que formaron parte da primeira edición deste proxecto, e incluirá ademais a proxección dos vídeoclips que se gravaron por diferentes espazos do municipio.

En total, máis de 20 rapaces e rapazas que recibiron asesoramento e formación gratuíta da man de profesionais nos últimos tres meses do ano.

Poio Sesións é un programa de aceleración musical posto en marcha polo Concello de Poio e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, para apoiar a creación musical emerxente no municipio, unha iniciativa que permite acelerar proxectos e amplificar xéneros en galego entre bandas de persoas mozas non profesionais.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

A Seca

Camiño Reiboa, 36995 Poio

Está pasando!