Concerto de Cruceros Manzanares en Vilagarcía

xov15ago21:00Concerto de Cruceros Manzanares en VilagarcíaFestas de San Roque 202421:00 Praza de Galicia - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Dentro da programación das Festas de San Roque 2024, o xoves 15 de agosto, Cruceros Manzanares ofrecerá un concerto na Praza de Galicia a partir das 21:00 horas.

O proxecto musical da artista vilagarciá Enma Castañeiras preséntase coma o primeiro grupo do xénero caspa-pop, coa tentativa de traer ao presente os sons e ritmos dos setenta e oitenta, que tanto nos fan bailar e á vez rir con todo o arcaico que arrastramos.

Un grupo fresco de verán, divertido e moi bailable, que promete unha chea de cancións de amor, desamor, arrecendo a cloro e a “aftersun”.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Praza de Galicia

Praza de Galicia, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!