Concerto de Os Coribantes en Pontevedra

ven17mai21:00Concerto de Os Coribantes en Pontevedraxira 'seguir soñando'21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Os Coribantes farán seu o Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro sábado, 18 de maio, ás 21:00 horas. Así o anunciou o edil de Cultura do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez, que destacou a implicación das persoas que fan posíbel o mantemento da música tradicional, ao tempo que permiten xerar unha programación musical e cultural «realmente completa» ao longo de todo o ano.

A xira ‘Seguir soñando’ de Os Coribantes chegará á Boa Vila en apenas uns días. O concerto ten fixado o seu inicio ás 21.00 horas, sendo o primeiro da toda a xira e establecendo Pontevedra como punto de partida para o resto do camiño. «Estamos encantados e encantadas de recibilos», sinalou en referencia a Ángel Rodríguez e Andrés Lorenzo, responsábeis de Os Coribantes.



Andrés Lorenzo explicou que Os Coribantes é unha agrupación especial, que sempre está na procura de novas pezas, novas danzas e novos instrumentos nas súas actuacións, que van máis aló «da música tradicional», procurando en Irlanda, por exemplo, novas vías de expresión. «Desde nenos de 6 anos a adultos colaboran co espectáculo», indicou.

«É un novo repertorio que recupera cantigas xa case esquecidas e que realmente é moi chulo. Estaremos acompañados do recoñecido e director gaiteiro Marcos Campos. Só podemos agardar que lle preste a todo o mundo», finalizou Lorenzo.

As entradas terán un prezo popular de 5 euros e poderán ser adquiridas na billeteira do Principal e no establecemento Musical Pontevedra.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!