'Solo' de Roi Borrallas nos Domingos do Principal

dom02feb12:00'Solo' de Roi Borrallas nos Domingos do PrincipalTeatro para toda a familia12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Roi Borrallas, clown galego asentado en Cataluña, trae o domingo 2 de febreiro aos Domingos do Principal, un espectáculo delicado, que combina monicreques con traballo de clown e manipulación.

Un pallaso ten que estar no palco, co seu público. Mais, que acontece cando queda só? É no camarín onde se mesturan persoa e personaxe. Onde se desfigura a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real.

É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a traseira deste artista, as súas ideas e tolemias, o que ninguén ve, un pallaso cando ninguén o observa.

 Premio Fetén 2023 ao Mellor Intérprete

 Premio Zirkolika 2022 ao Mellor Espectáculo De Pallasos

 Premio da Crítica ao Mellor Espectáculo Nacional de Circo 2024

 Premio da Crítica seleccionado para Mellor Espectáculo Familia 2024

Clown

  • Duración: 45 minutos
  • Recomendado a partir de 8 anos e público adulto

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Entradas a 4 euros e abonos para todo o ciclo a 12 euros á venda en Ataquilla.com. De non esgotarse, as entradas estarán tamén á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.



DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

O ciclo de artes escénicas para público infantil e adulto Domingos do Principal, contará en 2025 con dúas tempadas, xa que tamén terá lugar a habitualmente programada en outono, entre outubro e novembro.

As compañías Roi Borrallas (Galiza/Cataluña), Artika Cía (Galiza), Elefante Elegante (Galiza) e La Chana (Salamanca) achegarán ao Teatro Principal espectáculos de teatro, monicreques, música ou clown.

Será nas xornadas dos domingos 2, 9, 16 e 23 de febreiro con pase dobre ás 12.00 e 18.30 horas.



O ciclo comezará o primeiro domingo de febreiro coa compañía Roi Borrallas: un clown galego asentado en Cataluña que montou a súa propia compañía. Trae un espectáculo delicado, que combina monicreques con traballo de clown e manipulación. É digno de ver non só para público infantil senón par apúblico adulto. Podería ser programado en Ponteatro e tería o mesmo éxito. Acumula unha morea de premios e vai sorprender.

O domingo 9, Domingos do Principal contará coa compañía veciña Artika, de Vigo, que vén cun espectáculo musical e trata o tema da diferencia, do rechazo ao que vén de fóra, etc. Un espectáculo amable, musical e divertido.

O 16 de febreiro chega a tamén galega Elefante Elegante, cun espectáculo plástico, visual, que fai reflexionar sobre a vellez e as situacións que se dan coa xente maior, o esquecemento, a soidade, etc. Traballa con linguaxe xestual que permite que haxa varias lecturas do espectáculo para a cativada e o público adulto.

O último domingo de febreiro, La Chana pechará a tempada de inverno con ‘Blancanievas’. Unha compañía de Salamanca que leva traballando dende o ano 87 e empregan a palabra e os obxectos. Nesta ocasión é unha versión en verso de Blancanieves onde todos os personaxes son lámpadas. É un espectáculo para cativada a partir de 6 anos con moitas chiscadelas para público adulto. Foi gañador do Premio Max no 2023 entre moitos outros recoñecementos.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!