Concerto de Sempasúchil en Pontevedra

mar06ago22:30Concerto de Sempasúchil en Pontevedra30º FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A 30ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra trae a Pontevedra a Sempasúchil. Será o martes 6 de agosto ás 22:30 horas, na Praza da Ferraría.

Sempasúchil é o nome dunha flor mexicana, un achádego xerminal e inspirador en mans do vibrafonista Ton Risco, compañeiro habitual de jazzistas como Jorge Pardo, Chano Domínguez. Ese contacto co jazz e a terra, de por si limpio e luminoso, axiganta a súa perspectiva ao mesturarse coa guitarra sensible de Antonio Casado, músico ourensán que recentemente vén de colaborar con artistas internacionais como Lucinda Williams, Maceo Parker ou Carla Bruni.

O contrabaixo de Alfonso Calvo e a batería de Miguel Cabana completan esta cuadratura do círculo para o jazz máis accesible e inspirado desde unha óptica pop que escoitarán os nosos ouvidos nunha boa temporada.

Sempasúchil transcorre con pausa e espacio para os silencios, cunha folgura sonora que o volta delicado e preciosista, disfrutable desde un achegamento intenso ou frugal. No que incluso hai oco para unha lectura encantadora de Wichita lineman, o clásico country de Jimmy Webb, no que Casado parece poñerse na pel dun xove Pat Metheny. Ese mesmo, de feito, que en 1980 gravaba a dúo co inolvidable Lyle Mays aquel As falls Wichita, so falls Wichita falls.

Fernando Neira



FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Trinta anos cumpre este 2024 o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Tres décadas onde a Boa Vila foi testemuña do paso dalgúns dos artistas máis importantes destes dous xéneros, con exemplos lendarios coma Johnny Winter, John Scofield, Robert Cry, Esperanza Spalding, Taj Mahal, Derek Trucks, Cory Henry ou Gregory Porter.

Praza da Ferraría continuará este verán sendo epicentro desta onda sonora, a través de seis novas actuacións con Iago Banet (5 de agosto), Antilia (5 de agosto), Sempasúchil (6 de agosto), Rick Estrin & The Nightcats (7 de agosto), Jeff Cascaro (8 de agosto) e Richard Bona & Alfredo Rodríguez Trío (9 de agosto).

Coma sempre, a entrada será libre e de balde.

Hora

(Martes) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!