Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Redondela

ven05mai19:00ven23:50Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en RedondelaPROGRAMACIÓN CULTURAL PRIMAVERA 202319:00 - 23:50 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A Vía Verde de Chapela acolle o venres 5 de maio ás 19:00 horas o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, organizado polo Concello de Redondela.

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”… e por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!

Entrada de balde.

Consulta a PROGRAMACIÓN CULTURAL PRIMAVERA 2023 organizada polo Concello de Redondela.


Hora

(Venres) 19:00 - 23:50

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!